5 de maio de 2014

“AMIGO” DO PRESIDENTE DA XUNTA, O ÍNCLITO FEIJOO

O XOVES ARRINCA EN MADRID O XUÍZO CONTRA O AROUSÁN MARCIAL DOURADO.
A Audiencia Nacional xulga desde este xoves por presunto branqueo de diñeiro a Marcial Durado Baúlde, o histórico
contrabandista arousán, que na actualidade cumpre unha condena por narcotráfico.
O fiscal pide 21 anos de cárcere e 42 millóns de euros de multa para o arousán, ao que acusa de liderar unha
trama composta por polo menos 15 persoas máis, que lavaría diñeiro da droga mediante unha rede de empresas e sociedades constituídas en España, Portugal, Marrocos, Panamá e Illas Virxes, e que supostamente utilizaba contas bancarias en Suíza para as transferencias.
A defensa de Dourado sostén que este nunca se dedicou ao narcotráfico e que todo o diñeiro enviado desde Suíza pasou o control do Banco de España. Tamén serán xulgados os seus tres fillos e a súa parella sentimental.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO


Ningún comentario: