5 de maio de 2014

LUÍS ARAGUNDE FAI TRAMPA NO CONGRESO DO PP LOCAL, DENUNCIA O BLOG “CORES DE CAMBADOS”

DOUS ASESORES  PAGADOS POLOS CAMBADESES ENTRE OS ASISTENTES O CONGRESO LOCAL CAMBADÉS.
O blog Cambadés “Cores de Cambados” que afortunadamente volveu a actividade blogueira con forza e un impetú digno de destacar, titulaba nun dos seus posts
O Alcalde do Grove e a Alcaldesa
de Meaño tamén votaron...
“PUCHERAZO NO CONGRESO LOCAL DO PP?” e subtitulaba “FAN TRAMPAS AÍNDA XOGANDO NA CASA”
O blog “Cores de Cambados, preguntábase “Que fai o alcalde de O Grove cunha papeleta cun "SI", no
congreso do PP de Cambados cando o que se elixía era o presidente do PP local?
A mesma pregunta poderíase facer no caso da alcaldesa de Meaño. Supoñemos que puxeron unha desas papeletas en cada cadeira e eles puxéronse a xogar coma
miniños cos papeliños azuis. Alo menos a sr. Ucha non a ergueu para votar como fai o alcalde do Grove.
Vendo as fotos todas poderedes sacar moitas conclusións do estado de cousas que pasa en Cambados e porque os postos de traballo están tan repartidos entre "todos" os cambadeses. “. 
Ata aquí a excelente nova de “Cores de Cambados” a cal
nos so engadimos un par de datos, que obviamente, xa o facía  entrever “Cores de Cambados”, a sala estaba ateigada de enchufados, pero a nos chamounos a atención unha das fotos onde se poden ver a dúas asesores nomeados a dedo polo concello de Cambados, (sinalados cunha flecha na imaxe da esquerda que podedes ampliar ao premer nela) e que pagamos todos os cambadeses, ún era o asesor persoal do Alcalde  e outro o Xefe de Prensa do concello de Cambados , que lembremos non é xefe de prensa do PP senón do Concello de Cambados. Parécenos que non debían de estar por rexenenaración democrática, sobre todo o xefe de prensa, pero coidamos que estes a vergoña perderona fai moito tempo.
FOTOS: CORES DE CAMBADOS.

Ningún comentario: