PUBLICADO HOXE A ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2014 POLA QUE SE REGULAN AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS ÓRGANOS REITORES DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DE GALICIA E DAS SÚAS FEDERACIÓNS.
Máis de 13.000 profesionais do mar renovarán os órganos reitores das confrarías de pescadores o vindeiro 28 de xuño
Os comicios desenvolveranse en 3 partes, en primeiro lugar celebraranse as eleccións nas 63 confrarías, despois nas 3 federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.
Máis de 13.000 profesionais do mar renovarán os órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia a finais de xuño. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe luns a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar
pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, das federacións provinciais e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. Mañá martes 6 de maio, o DOG publicará a resolución na que se anunciará o inicio de todo o proceso e a data prevista para as votacións, que será
o vindeiro 28 de xuño.

Os comicios desenvolveranse en 3 partes, tal e como establece a norma. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas 3 federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de
Confrarías de Galicia.
Confrarías de Galicia.
Eleccións ás confrarías de pescadores
A normativa de convocatoria de eleccións regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores e establece o proceso a seguir en cada momento, detallando todos os pasos para elixir o patrón
maior e os membros do cabido.
maior e os membros do cabido.
O primeiro paso para a celebración dos comicios, tal e como establece a Orde, é a composición da Xunta electoral -formada por membros da Consellería do Medio Rural e do Mar- e das Comisións electorais –constituirase unha comisión no seo de cada confraría-.
O documento recolle que as comisións electorais aprobarán o plan electoral nun prazo de 5 días dende a súa constitución e será remitido á Consellería do Medio Rural e do Mar para a súa ratificación. Este Plan electoral incluirá o número de membros que se deben elixir
na xunta electoral, no cabido, na xunta directiva de cada agrupación e tamén recollerá a repartición dos vogais para cada sector de produción.
na xunta electoral, no cabido, na xunta directiva de cada agrupación e tamén recollerá a repartición dos vogais para cada sector de produción.
O 29 de xuño, a comisión electoral proclamará provisionalmente as persoas que formarán parte da xunta xeral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais. Esta lista
provisoria elevarase a definitiva unha vez rematado o prazo de presentación de recursos administrativos. No primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, iniciarase o procedemento para elixir o patrón/a maior, vicepatróns/as maiores e vogais do cabido.

Federacións provinciais e Federación Galega
Polo que respecta ás federacións provinciais de confrarías,
no primeiro pleno da xunta xeral das confrarías de pescadores –constituída polos patróns maiores e vicepatróns- elixirase ao presidente/a, vicepresidente/a e compoñentes do comité executivo de cada federación provincial. Os candidatos presentarán, no mesmo acto, as súas
candidaturas ao pleno da xunta xeral, realizando a votación nese mesmo día.

No primeiro pleno que realicen as federacións provinciais de confrarías elixiranse os tres vogais que as representarán no comité executivo da Federación Galega de Confrarías, respectando a paridade entre traballadores e empresarios.
No caso da Federación Galega de Confrarías, o presidente/a de cada colectivo provincial será membro do comité executivo da Federación Galega e elixirá ao presidente/a deste órgano na mesma xornada.
Outras consideracións da Orde
A orde que publicará o DOG o vindeiro luns despeza polo
miúdo todo o proceso a seguir para a celebración dos comicios. Neste sentido, detalla información relativa ao proceso de proclamación de
candidaturas, aos censos electorais, ao voto por correo, á campaña electoral, papeletas e sobres e ao desenvolvemento do día das votacións. Regúlase, así mesmo, o procedemento para o escrutinio e para a proclamación das persoas electas.

EN CAMBADOS VATICINASE UNHA LOITA SEN CUARTEL
Ainda que polo momento ainda se descoñecen os candidatos na confraria de Cambados, seguramente haberá duas listas, esa é a nsa suposición, unha probhablmente será a lista do Partido Popular, ou ben encabezada polo imputado Benito González, agás sorpresas, e a outra non sabemos ainda porque en estará encabezada pero probablemente sexa a da sufrida oposición que intenterán por todos os medios sacar ao PP da confraria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario