UN DOS MELLORES MÚSICOS DA HISTORIA CAMBADESA E GALEGA, TEN A HONRA DE DIRIXIR A BANDA DO SEU POBO.
Os que somos afeccionados a música popular estamos de parabéns, pois o xa acostumado e cada vez mellor concerto
 |
| Xaquin cos Campaneiros |
do dia das letras galegas a cargo da Banda de Música de Castrelo, esta ano vai ser moi especial para todos pero sobre todo para unha persoa en concreto o admirado Xaquín Xesteira, pois el vai ser o encargado de dirixir o concerto do dia das letras galegas que
 |
| Xaquin é fundador de Treixadura |
vai ter lugar o 17 de maio(sábado) as 12.30 h. no Auditorio. Xaquín Xesteira, nado en Cambados o 29 de agosto de 1971, é un dos mellores músicos galegos. A súa especialidade é a gaita. Naceu en Cambados en 1971 nunha familia con tradición musical (ou seu avó fundou unha orquestra, e súa nai foi profesora de solfeo
 |
| Xaquin en Unha Grande Chea |
e piano de varias xeracións de cambadeses), e comezou a interesarse pola música tradicional galega desde os tres anos. Aos catro anos participou na súa primeira actuación. Comezou cos seus estudos
 |
| Xaquin Cos Faiscas |
musicais na Sociedade Cultural de Cambados, tocando o tambor. No grupo de música tradicional de Vilariño (Cambados) comezou coa gaita. No Conservatorio Superior de Música de Vigo recibiu os estudos relacionados con este instrumento. Entre outros, tivo como mestres a
 |
| Xaquín con Treixadura |
Nando Casal (Milladoiro) e a Carlos Núñez. En 1990 xullo catro gaiteiros comezan unha nova andaina musical no muíño vello de Redondela, á beira do río Alvedosa: Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez a
 |
| Xaquín en estado puro |
fundan un grupo que para ano que ven cumpre 25 anos e que esta a facer historia na musica tradicional galega, Treixadura.
É membro dous grupos Os Faíscas de Solobeira, dá banda de música de Castrelo e do xa citado Treixadura. Ademais, colaborou con Fuxan vos Ventos, Na Lúa, Milladoiro entre outros. Xaquin tamén foi o fundador da desparecida banda de gaitas de Unha Grande Chea, asociación da que formou parte ate a súa desaparición.
Na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega en dous volumes, un editado en 2004 e outro en 2007 por Edicións do Cumio. Podemos dicir que aparte da súa familia (tamén moi músical), a musica é a súa pasión e a súa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario