HAI QUEN SOSPEITA QUE LUIS ARAGUNDE ESTA FACENDO CAMPAÑA ELECTORAL COA FUTURA DESAPARICIÓN DOS XULGADOS DE CAMBADOS.
A Xunta presentará alegacións ao anteproxecto de Lei orgánica do poder xudicial para que recolla as
especificidades da organización xudicial galega, pero para nada se solicita que se manteñan os xulgados do Salnés.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que o Ministerio de Xustiza vén de enviar ás
Comunidades Autónomas o anteproxecto de Lei orgánica do poder xudicial e de pedirlles informe sobre o texto, ante o cal o conselleiro xa anunciou que a Xunta presentará alegacións para que se recollan as especificidades da organización xudicial en Galicia.

"O Ministerio acaba de pedir un informe e nós diremos, dentro das nosas competencias, como cremos que debería ser a organización xudicial en Galicia", explicou Rueda nunha entrevista na Cadena Ser. Nese sentido, avanzou que a
Xunta fará "todo o posible" para que as reclamacións galegas "sexan atendidas polo Ministerio", do que agardou "sentido común" para atender as suxestións e consideracións que están a facer os distintos colectivos, entre os que tamén estará a Xunta.

Hai que recordar que o anteproxecto de Lei orgánica do
poder xudicial aínda se atopa nunha fase inicial e debe seguir unha longa tramitación, nun proceso no que aínda faltan os informes das Comunidades Autónomas, do Consello de Estado, a súa aprobación definitiva en Consello de Ministros e a súa remisión ao Congreso para a súa tramitación parlamentaria, entre outros pasos.

O Goberno galego xa adiantou que o anteproxecto non é plenamente do seu agrado e que por iso presentará alegacións e suxestións ao texto, que van na liña de permitir tribunais de instancia cun ámbito distinto ao provincial –o que permitirá
que cidades como Vigo, Santiago ou Ferrol manteñan o seu status xudicial, pero non se di nada da comarca do Salnés e por suposto menos de Cambados– e que exista flexibilidade na súa aplicación para que as propias autonomías teñan capacidade de definir o seu mapa xudicial, en coordinación co poder xudicial.

HAI QUEN SOSPEITA QUE LUÍS ARAGUNDE ESTA FACENDO CAMPAÑA ELECTORAL COA FUTURA DESAPARICIÓN DOS XULGADOS DE CAMBADOS
Hai quen pensa que a moción de Luís Aragunde e do PP de Cambados no derradeiro pleno do Concello é so unha
cortina de fume que deixara de existir cando pasen as vindeiras eleccións europeas. Aragunde di que está a facer o posible porque os Xulgados de Cambados non desaparezan , pero a realidade é outra moi distinta, pois non está a facer nada de nada, nin por suposto se vai deixar a pel como manifestou a algún medio de comunicación, entre outras cousas porque Aragunde é un home de partido e nunca iría contra o seu partido. Acordádesvos que dixo na prensa que se ía a reunir co xuíz decano de Cambados, pois nin pediu nin audiencia para entrevistarse con el, e que dicir dos colectivos de funcionarios tan importantes neste tema os ignora completamente, polo de agora tampouco se reuniu nin se reunirá. Todos temos que vogar no mesmo barco e na mesma dirección, o que non podemos facer e estar no mesmo barco e algún están a facer que vogan pero en realidade fan todo o contrario cean.

Ningún comentario:
Publicar un comentario