13 de maio de 2014

ENTREVISTA A YAYO DAPORTA

YAYO DAPORTA: “NUNCA SOÑARA CON SER UN CHEF TELEVISIVO, PERO TEÑO ILUSIÓN E MOITAS GANAS”
O cambadés Yayo Daporta (1975) abriu o seu restaurante en 2005 e só tres anos despois conseguiu unha Estrela
Michelín que mantivo desde entón. Ademais dun prestixioso cociñeiro, é un claro defensor da gastronomía galega. De feito, forma parte do Grupo Nove, unha rede de chefs galegos que traballan por promocionar a arte
culinario autóctono nos máis altos niveis e coa innovación como filosofía de traballo. Sen esquecer a súa colaboración en diferente actos públicos para difundir os recursos cambadeses e galegos.
Daporta tamén é un amante do deporte e a súa participación en diferentes probas de atletismo tamén lle levaron ás páxinas da prensa local, como cando terminou a maratón da cidade de
Nova York en menos de tres horas. Poucos conseguen percorrer os 42 quilómetros da Gran Mazá nese tempo.
En definitiva, é un profesional activo que agora suma unha faceta diferente á súa carreira: formar parte do xurado da segunda edición do programa “Top Chef” de Alberto Chicote e que emite Antena 3.
A gravación empeza hoxe mesmo e prolongarase durante
dous meses, pero Daporta non teme enfrontarse ás cámaras. “Estou bastante tranquilo. A todo afaise un”. Ademais, desde a produtora, Boomerang TV, indicaron que o elixiron “ao parecer había outros dous aspirantes” porque “queda ben en cámara, ten prestixio, se
desenvolve ben é simpático e ten boas reaccións”. 
Xa choveu desde que o cambadés iniciou os seus estudos de hostalería en Santiago, do seu paso por “Casa Solla”, onde a verdadeira vocación
chamou á súa porta, e por outros restaurantes do país. Agora, da súa valoración e a dos seus compañeiros do xurado, dependerá que outro profesional dos fogóns logre un premio que lle permita cumprir o seu soño: abrir o seu propio restaurante.
-Como afronta este novo reto?
-Con muchísima ilusión e ganas. A gravación empeza mañá en Madrid “por hoxe” e desenvolverase durante os dous próximos meses e de luns a venres así que teño o fin
de semana para estar no restaurante.
-É un traballo que nunca fixo, non lle impoñen as cámaras?
-Pode ser, pero estou tranquilo, a todo afaise un. Ademais, xa me fixeron un par de probas
de cámara e xa vas vendo como é. Ademais, supoño que si me elixiron será porque non o fago mal.
-Soñara algunha vez con ser un chef televisivo?
-Nunca o pensou, isto chegoume de súbito. A produtora púxose directamente en contacto comigo e
ofrecéronmo e aínda hai pouco que mo confirmaron.
-No programa vai a avaliar o traballo doutros cociñeiros, que debe ter para vostede un bo chef?
-Ante todo, que lle guste moito o seu traballo e que sexa
unha persoa seria á hora de desenvolvelo. Tamén debe poñerlle agarimo moitas ganas a todo o que fai.
-Os membros do xurado terán total liberdade ou seguen unhas directrices?
-É un programa de televisión, sempre hai unhas pautas e un guión que seguir, pero haberá moita improvisación porque é cuestión de ir vendo o traballo dos concursantes e cada un ten a súa personalidade e a súa forma de ver as cousas. O que nos pediron é que sexamos naturais.
-Os cambadeses expresaron a súa satisfacción pola súa
participación. A súa presenza no programa tamén vale para promocionar o nome Cambados.
-Iso é fundamental. Levar o nome de Cambados é todo un orgullo e non só para min, si non para toda a xente que se dedica á restauración na comarca de O Salnés.
ENTREVISTA L. ROMERO DIARIO DE AROUSA 
FOTOS GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: