O MELLOR GRUPO DE GALICIA DE MUSICA TRADICIONAL ACTUARÁ O VENRES 6 DE XUÑO
Do 6 ao 8 de Xuño vaise celebrar a 42ª Festa do Viño Tinto do Salnés que terá lugar na localidade veciña de
Barrantes, Ribadumia. Durante tres días pódese asistir a concursos de cata de viños, degustacions de produtos autóctonos, talleres para nenos, actividades culturais, deportivas, concertos musicais, mostras de artesanía e a mostra de Exaltación de Consérva do Salnés.

O domingo trala de entrega dos premios realizarase un multitudinario xantar de produtos da terra como o pulpo, a empanada e carnes. Sempre regado co afamado e consistente veu tinto de Barrantes.
Esta celebración vénse realizando desde o ano 1967 co fin de exaltar o viño tinto de Barrantes, froito da fermentación da variedade de uva espadeira propia do Salnés.
Este ano a gran atracción que o
Concello de Barrantes contratou foi nada máis e nada menos que o grupo afincado en Cambados Treixadura, que vai ser o sitio mais cerca que vai actuar de Cambados.
Concello de Barrantes contratou foi nada máis e nada menos que o grupo afincado en Cambados Treixadura, que vai ser o sitio mais cerca que vai actuar de Cambados.
Treixadura previamente estará o 31 de maio en Redondela, despois da Festa do Tinto estarán o 26 de xuño na Estrada, 28 de xuño en
Codeso – Boqueixón, 9 de Agosto en Quiroga, 14 de Agosto en A Cañiza, 16 de Agosto en Malpica, 18 de Agosto en San Roque (Vigo), 25 de Agosto en Noia, 30 de Agosto en Curtis, 30 de setembro en As Penizas-Tui.

Este ano tamén teñen previsto a grabación doutro novo CD, pero iso xa o contaremos mais para diante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario