8 de maio de 2014

GRAVE LESIÓN DUNHA TRANSEÚNTE NA RÚA OLMOS DE CAMBADOS

O MAL ESTADO DA BEIRARRÚA PROVOCOULLE DOBLE ROTURA DE NOCELLO.
Onte a tarde, dúas amigas que traballan nun centro administrativo de Cambados, atopábanse paseando cara a
Pastora pola rúa Olmos. Non ían correndo, nin facendo o ganso nin nada polo estilo, ían andando tranquilamente cando unha delas tropeza cunha baldosa que estaba fora de lugar e a consecuancia delo produceselle doble rotura de nocello que lle ocasionará unha baixa de dous
meses e medio como mínimo no seu lugar de traballo. A  persoa en cuestión residente na nosa vila por razóns de traballo dende fai un par de anos,  pero natural  do sur da provincia non tivo mais lesións grazas a súa amiga  xa que dentro do que
puido agarrou dela, e  non golpeo coa cara no chan.   Unha veciña do lugar nada mais acontecer acudiu o lugar e ofrecéuselle como testemuña para unha futura reclamación.  Minutos despois acudiu o lugar unha ambulancia do 061 quen evacuou a
ferida ao centro médico de Cambados, onde lle diagnosticaron  a fatídica rotura.
Moito enoturismo, moita volta ciclista a españa, moito ano Asorey , moitas "chorradas" pero Luís Aragunde segue sen reparar as beirarrúas, e temos constancia de que hai moitos mais incidentes que este,  e que algunha xente por medo o alcalde non queren denunciar. O estado xeral das beirarúas en Cambados e lamentable

Ningún comentario: