YAYO DAPORTA SERÁ XURADO NA VINDEIRA EDICIÓN DE 'TOP CHEF'
Yayo Daporta naceu en Cambados (Galicia), en 1975. É un dos cociñeiros máis novos con Estrela Michelín.
Estudou durante dous anos na escola de hostalería de Santiago de Compostela sen ningunha convicción. Tras dedicarse unha longa tempada ao negocio familiar de produción de
mariscos, tivo a oportunidade de comezar a traballar en “Casa Solla”, onde espertou nel a curiosidade pola cociña de vangarda e chegoulle a verdadeira vocación. A partir de aí pasou por outros grandes restaurantes como “Alejandro”(Almería) e “El Amparo (Madrid), ata terminar inaugurando o seu propio restaurante.

“Yayo Daporta” abriu as súas portas no casco histórico da súa terra natal, en 2005. A súa cociña é definida como cociña galega actualizada, situada en primeira liña da restauración galega e que conta cunha estrela Michelín desde
2008.
2008.
Membro do Grupo Nove, unha asociación con máis de 20 cociñeiros traballando en rede e facendo forza para promocionar a cociña galega a nivel nacional, aposta pola cociña de vangarda, sempre elaborada con produto da terra e o mar galegos.
Tamén colaborou no libro “Rías Baixas, Territorio gastronómico”, que foi galardoado co premio Gourmand, Best in The World, ao mellor libro de gastronomía local do mundo, e forma parte do grupo “running chefs” xunto a outros cociñeiros amantes do deporte.
Agora dá o salto á televisión en Antena 3 para converterse en xurado do esixente concurso culinario Top Chef.
NOVA RECOLLIDA DE ANTENA 3 TV .

Ningún comentario:
Publicar un comentario