9 de maio de 2014

OS NACIONALISTAS DO BNG PIDEN EXENCIÓNS PARA OS USURIOS DO MERCADO, MENTRES O PP , OS MACHACAN A IMPOSTOS.

OS CONTINUOS TEMPORAIS DO INVERNO IMPEDIRON O SEU TRABALLO.
os nacionalistas do BNG cambadés veñen a informarnos que que na acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno
Local do 31 de marzo de 2014, faise referencia a un escrito do presidente da Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos solicitando a exención de pago das taxas municipais de venta ambulante, durante tres meses do ano
2014, como feito excepcional, por mor dos fortes temporais ao non permitir desenvolver a actividade comercial. Tamén e en referencia  a este mesmo asunto, dase conta do informe da Intervención Municipal, no que se indica que non pode accederse ao solicitado pola citada
Asociación, xa que a exención e bonificación de taxas como consecuencia de temporais non está prevista na actual Ordenanza Fiscal. Como queira que os veciños e veciñas de Cambados somos coñecedores de
que, durante este pasado inverno, tivemos que sufrir meses de extremas inclemencias meteorolóxicas que impediron realizar actividades na rúa practicamente todos os días e que isto foi unha situación extrema e excepcional que, tamén, fixo imposible a realización do mercado municipal, o que tivo unhas
consecuencias económicas negativas para o  comercio en xeral e, en especial, para o comercio ambulante que ao non poder instalar na rúa as súas carpas,  víronse impedidos de obter  o seu habitual sustento
económico durante meses. As consecuentes perdas económicas para o comercio ambulante, durante os meses do pasado inverno, foron considerables e aínda que non puideron realizar o mercado, hoxe vense obrigados a pagar unhas taxas por unha actividade que non realizaron durante meses (de xeito excepcional). Como consecuencia, o razoable sería que ante unha situación excepcional, como a descrita anteriormente, se tomara algunha  solución excepcional que permita, polo menos, ofrecer facilidades para os pagos polas taxas pendentes, así como,   tentar que no futuro póidase  ter en conta  situacións extremas como as vividas no pasado inverno; polo que 
O BNG de Cambados ven a solicitar que, desde o concello, se lle dean as facilidades posibles, á venta ambulante, para realizar os pagos pendentes dos pasados  meses de inclemencias meteorolóxicas e que de cara ao seguinte exercicio fiscal  se introduzan  modificacións na Ordenanza Fiscal reguladora por servizo de praza de abastos e mercado que recolla o padecemento de situacións extremas como as continuas inclemencias meteorolóxicas vividas  este  pasado inverno.

Ningún comentario: