26 de maio de 2014

GRAVES ACUSACIÓNS, SE SON CERTAS, DA CONFRARIA CON MOTIVO DA CONFECCIÓN DOS CENSOS ELECTORAIS

MANOBRAS IRREGULARES QUE PODEN DERIVAR EN PREVARICACIÓN E FALSIDADE , SON AS ACUSACIÓNS  DE DOUS SOCIOS DA CONFRARIA .
Dous socios da Confraría de Cambados  denuncian irregularidades de vulto, que nalgúns casos segundo os estes socios raian co delito. Nun escrito presentado estas duas persoas acusan a  confraría  de presuntas barbaridades e irregularidades  no proceso electoral,  que presuntamente
están a cometer segundo dito escrito (do que aportamos copia íntegra o remate do mesmo).
Entre outras cousas, di o devandito escrito  a Confraría  non pode nin debe descoñecer que NON deben constar no censo electoral un importante
número de mariscadoras que se atopaban xubiladas na data da convocatoria das eleccións, así como armadores sen permisos, e tripulantes
de embarcacións que non deberían estar no censo, así como modificación presuntamente irregular da titularidade da embarcación Pelea . O escrito destes dous socios  remata 
dicindo textualmente: “Sen embargo, e coa deliberada intención de manter no cargo ao Patrón Maior Sr. González Sineiro para acceder, posteriormente,  como Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra,
efectuouse dita manobra fraudulenta no censo de armadores, a propósito, o que pode ser constitutivo do delito de prevaricación en conexión co delito de falsidade en documento público.”
Se isto é certo o que di o escrito ,  son acusacións gravísimas  das cales ou que se querelan contra os que o presentan o escrito ou deben dimitir  inmediatamente .Todo isto dito con todas as reservas.
AQUÍ TEDES O ESCRITO COMPLETO: 

















1 comentario:

MANUEL dixo...

Como ex-socio da Confraría teño que decir que o Sr. patrón maior ten a cordura necesaria para rectificar e tratar de AMAÑAR esas "presuntas" irregularidades, digo esto porque no meu caso, cando se deron conta de que o cambio de status orixinaba a perda de dereitos, non tardaron nin quince días en notificarme a baixa. Creo que en este caso, de ser certo, tamén tendrá a mesma premura e irá a rascar os pés na cuberta do seu barco. Non sei se será certo eso de que o queren "nominar" para presi da federación de Pontevedra, o tempo dirá si o DEDO traballa de novo e tamén mandan para a Galega o de Bueu. E pensar que cando escomenzamos a traballar na Confraría (digo traballar, de verdade) as políticas quedaban fora do dintel da entrada... Os tempos cambian, ainda que os fan cambiar as persoas cos seus cambios, algúns deles DE CHAQUETA.