27 de maio de 2014

UN FIN DE SEMANA PERFECTO

DE PONTEVEDRA, BOAS NOVAS, TOMAS CAULA , REAL MADRID,  HEREDEIROS DA CRUS, IXUGA, XIRONSA ,  PODEMOS E JUAN GALIÑANES
Hai a algúns fins de semana que a un non lle pasa nada  e solen ser  insulsos e aburridos, pero hai outros nos que a un
fáltalle  tempo para gozalos,  e este e o caso. Comezamos o venres cun xantar cos compañeiros de traballo en Pontevedra, organizado pola amiga e compañeira de traballo Duli, un xantar marabilloso que remata cunha visita guiada excepcional ao museo (parte naval) de Pontevedra. Nada mais saír danme a mellor nova do fin de
semana e non e outra que a miña filla. Logo as nove da noite inauguración na de Lupe do exposición de Tomas Caula, por certo unha excelente exposición que aconsellamos que visitedes porque é excepcional. O día seguinte viaxe  cedo a Ourense para acudir a VII Asemblea do IXUGA (Irmandade Xurídica Galega) da cal son membro dende o ano 2009, e aparte ingresaba na
Irmandade unha gran compañeiro e amigo Delmiro Durán, despois dun suculento xantar un volve para Cambados para mirar o gran derby que como madridista vivín intensamente e xa cando pensaba que todo estaba
perdido o Madrid dáme outra alegría pero nada comparable coa que me dou a milla filla, pero  tamén estivo ben. Remate o partido a dali, na compaña duns amigos trasladámonos a Cans para ver  aos Heredeiros da Crus, un concerto amigos dos que fan época, impresionante eu era a primeira vez que os vía en
directo e a verdade que non me defraudaron o mais mínimo, é unha magoa que o noso alcalde non lle guste a música galega e pese a que resultaron gañadores nunha enquisa feita polo blog amigo “ALZA LA VOZ CAMBADOS” do que desexaba a mocidade de Cambados para a Festa do Albariño, a ínclito do noso Alcalde  Luís Aragunde 
 déixanos sen o que  podería ser o concerto da década.  Xa o domingo  despois da xantar e de votar fomos ao Grove onde Xironsa tivo unha pequena colaboración coa banda de Música de O Grove, concerto no que colaboraron tamén o gaiteiro Nacho Gonzalez esta vez a zanfoña, mestre na asociación,  e o membro de Treixadura Paulo Nogueira, un bo concerto rematado por unha boa merenda. Xa mais a noite soubemos que en Cans onde habiamos estado o día anterior a curta do cambadés Juan
Galiñanes gaña dous premios  un premio que deu o xurado do Festival por medio da súa actriz Déborah Vukusic á mellor interpretación feminina polo seu traballo no filme '3-1=0'. Outro xurado, neste caso dos veciños de Cans, optou por 3-1=0, de Juan Galiñanes, como mellor curto en imaxe real. E por riba non me desgustou pero nada nada que “PODEMOS” conseguira cinco escanos nas Eleccións Europeas e que baixaran en votos os partidos tradicionais. Con fins de semana así,  quen di que son para descansar.
“CHON”.

2 comentarios:

Manolo dixo...

Si señor,completito completito !!!

o quinto dixo...

non se pode ser galegista e ser do santísimo real Madrid de aznar louzan mariano franco e moitos mais os que ti chamas peperos seica non temos equipos de futbol galegos ¿a cantos madrileños conoces ti hinchas do celta nacionalista da patacon? si se levanta bobeda da tunba dache un escobazo si che sirve de consuelo coma ti hay moitos enbolvidiños na bandeiriña de españa e din que son nacionalistas e non me digas que o futbol non e politica