27 de maio de 2014

AIDA FILGUEIRA, CONCELLEIRA MECA, SAESE COA SÚA

UN POST-IT TAPA A POLÉMICA IMAXE SEXISTA DA CONCENTRACIÓN MOTEIRA DO GROVE
Lemos en Pontevedra Viva que o motoclub Sentolos Rasing cedeu ante as críticas suscitadas en numerosos sectores
Novo cartel
da sociedade a raíz do polémico cartel sexista co que anuncian a concentración moteira que organizan do 4 ao 6 de xullo. Deseñaron unha nova versión do cartel na que un post-it tapa a imaxe dunha muller semi núa subida a unha moto.
Cartel antigo
Sentolos Rasing anunciou o domingo, a través da súa páxina de Facebook, que decidira en asemblea redeseñar o cartelanunciador do evento. A decisión adoptouse por unanimidade e este luns empezou a circular polas redes sociais a nova versión.
O novo cartel da VII Concentración moto-turística internacional O Grove 2014 presentarase oficialmente aos
medios este martes e dende o club sinalan queesperan que "esta vez pasemos a censura sen problemas", en alusión ás críticas suscitadas e á postura da concellaría de Igualdade do Grove, que esixiu a inmediata retirada do deseño orixinal e unha rectificación pública.
Aida Filgueira, responsable de Igualdade, primeira tenente de alcalde e voceira de Alternativa Meca (AMeca) propuxo ao goberno local, do que forma parte en coalición xunto co PP e o Partido Galeguista, que o Concello anulase toda colaboración loxística co motoclub e a concentración
moteira. A concelleira, que trasladou a denuncia ao Observatorio da Igualdade de la Xunta e ao Instituto da Muller, é agora a protagonista da páxina de Facebook do Sentolos Racing a través dunha caricatura dela semi núa subida nunha moto.
O Concello do Grove aparece co seu logotipo no propio cartel en calidade de colaborador, ao igual que a Garda Civil, Turismo Verde de Galicia, Protección Civil, Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) e Hostalaría do Grove, entre outros participantes.
Ao final Aida manda mais do que pensaba Yatmandú Reboeiras, presidente do club de motos que organiza o evento.


Ningún comentario: