27 de maio de 2014

“LA PELU DE SARA” BUSCA MODELO

PARA A NOVA EDICIÓN DE INTERNATIONAL TREND VISION
A perruqueria cambadesa Sarah Fariña busca modelo para a nova edición de International Trend Vision. Si crees que
podes dar o perfil non dubides en poñerte en contacto con ela ou ben no seu facebook ou no telefono 669702184
Recorda que será unha experiencia inesquecible e que a vindeira edición ao parecer será en  Marrakech.
Perruqueiros e medios de comunicación viaxaran desde todas partes do mundo a
Marrakech para celebrar, xunto a Wella Professionals, os prestixiosos premios International Trend Vision (ITVA), xunto novos profesionais  quen poden vivir bonitas experiencias.
Wella Professionals está comprometida a facer crecer o talento dos mozos da industria, e ofrécenlle aos mozos estilistas e coloristas unha plataforma que lles
dá visibilidade mundial para exhibir o seu talento e paixón.
Sarah Fariña  estudou imaxe na cidade da Coruña durante cinco anos e que desde fai catro rexenta “La Pelu de Sara”, situada na vila, onde pon en práctica as novas tendencias en estilo, cor, corte, etc. Ademais, fai dous anos puxo en marcha un evento solidario cun desfile de tendencias en roupa e cabelo como atractivo principal. Xa forma parte da nómina de cambadeses que exportan os seus talentos ao mundo.

Ningún comentario: