CAMBADOS NON SERÁ SEDE DE NINGÚN CONCERTO OFERTADO POLA DEPUTACIÓN
A Diputación acaba de fixar as datas para as actuacións de cantantes e grupos musicais en diversas localidades da
provincia . Se reiniciarán o día 31 en Redondela coa actuación de Treixadura. Cambados non estará neste circuíto sinalado pola Deputación
![]() |
| Luis Emilio Batallán |
O Circuíto de Actuacións levará a Luís Emilio Batallán o 13 de xullo a Lalín e o 17 de agosto a Caldas de Reis. Pola súa banda, Ardebullo actuará en Ponte Caldelas o 1 de setembro e tamén na Estrada e Ponteareas en datas aínda por determinar.
Treixadura actuará, ademais de en Redondela o próximo 31 de maio; en Barrantes, o 6 de xuño; A Estrada, o 26 do próximo mes; Vilanova de Arousa, o 8 de agosto; e na Cañiza, o 14 de agosto.
Gustavo Almeida ofrecerá un concerto no Museo de Pontevedra o 8 de agosto, unha vez que xa actuou en Redondela e Vigo.
En Marín, Budiño, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luís
Davila estarán na vila o 7 de setembro, en Lalín, e o 19 dese mes en Porriño nunha data aínda por concretar.
Davila estarán na vila o 7 de setembro, en Lalín, e o 19 dese mes en Porriño nunha data aínda por concretar.
Roi Casal actuará en Sabucedo (A Estrada) o 4 de xullo e en Sanxenxo o 24 de agosto. A fadista María do Ceo ofrecerá tamén un concerto en Vilanova de Arousa o 10 de agosto. En canto a Oscar Ibáñez actuará en Mos o 21 de
xuño; en Moraña, o 27 de xullo; e en Lalín o 12 de setembro.
xuño; en Moraña, o 27 de xullo; e en Lalín o 12 de setembro.
Outros grupos do Circuíto de actuacións programado pola Diputación de Pontevedra, como os tres porquiños, os Bolechas e Milladoiro actuarán, respectivamente, en datas aínda sen determinar nas vilas da Cañiza, Mos e O Rosal, Ponteareas e Cerdedo; e Ponteareas, Sanxenxo e Salvaterra.





Ningún comentario:
Publicar un comentario