23 de maio de 2014

IMPRESIONANTE DOCUMENTO VIDEOGRÁFICO DE BENJAMIN REY SOBRE CAMBADOS

A FESTA DO ALBARIÑO DE 1985,  OU UNHA LECCIÓN A ARAGUNDE COMO NON POLITIZAR UNHA FESTA
Impresionante documento videográfico facilitado polo cámara cambadés Benjamin Rey o cal nos devolve a
Xoan Antonio, unico como Alcalde
verdadeira esencia da Festa do Viño, unha festa na que estaba como Alcalde Xoan Antonio Pillado, quen da unha lección maxistral a Luís Aragunde de como se fai unha festa do Albariño e sen tantas axudas como agora, como se invita a festa a xente de todas as cores políticas como se pode ver no vídeo xente de todos os partidos
Desfile decarros
políticos , non como agora que só é unha festa do PP, deturpando así a verdadeira esencia da festa. Grandes actuacións como a do Mago Antón e uns fogos moito mellores cos da agora.  E sobre todo e unha lección maxistral o inepto que temos como alcalde de cómo non se politiza unha festa. 

Benjamin fainos unha presentación do vídeo que é a seguinte: 
“XXXIII Festa do Viño Albariño. Concurso de carros do país, cata de viños, comida popular no Parador do Albariño, o mago Antón, como principal
Un xoven Chico Castro, gañador
atracción artística da festa, Combate Naval como fin de festas, e entrevistas a Xoán Antonio Pillado Silvoso (alcalde de Cambados de 1979 a 1987),
Enrique Pantín Chao, que era daquela o secretario do Consello Regulador Provisional da D.O. Albariño, pois así foi como se empezou a chamar ao principio. Despois, no ano
Benjamin Rey
88, por esixencias da normativa da Unión Europea, que establecía que as denominacións de orixe tíñanse que referir a unha zona xeográfica, foi cando pasaron a denominala Rías Baixas. Polo tanto no ano 1985 aínda non había esta denominación.
José Basilio Castro Pintos, 1º premio da XXXIII Festa do Viño Albariño, propietario actualmente da adega "Lagar de Pintos", en Cabanelas. Os premios dábanse aos colleiteiros, non ás adegas.”
Aquí tedes o vídeo, paga a pena velo:



Ningún comentario: