POR CERTO ONDE ESTÁ O DELEGADO QUE TAMPOUCO A ANUNCIAN PARA O MITIN DE MAÑAN EN CAMBADOS
En Pontevedra Viva informannos que un grupo de vinte traballadores de Construcciones Crespoencerrábase durante hora e media na mañá deste
mércores 21 no edificio da Xunta de Galicia en Campolongo para reclamar a dimisión do delegado territorial da administración galega, José Manuel Cores Tourís.

Xaquín Agulla, representante sindical
da CIG, xustificaba a petición de dimisión na "inhibición e incompetencia" de Cores Tourís ante a perda de 200 empregos na bisbarra durante os últimos sen que "por parte da máxima autoridade da Xunta se tome ningún tipo de iniciativa".

Os traballadores foron recibidos pola secretaria territorial da Xunta, Ana Ortiz, debido á ausencia de Cores Tourís que non se atopaba na Delegación. Segundo explicou Agulla, a
representante da Xunta díxolles que "non pode facer nada" ante o malestar dos traballadores. "Estamos especialmente cabreados porque cando tiñamos a posibilidade de reconducir a situación de Construcciones Crespo fixemos unha xestión aquí e non foi atendida. E iso amosa unha falta de sensibilidade total por parte do delegado territorial", apuntou o representante da CIG.

Os representantes sindicais indicaron que levarán a cabo unha folga indefinida que aínda non está convocada. Estaba previsto que comezase o 28 pero, segundo indicou Agulla, a empresa estableceu a negociación do ERE extintivo para os días 29 de maio, 3 e 9 de xuño.
Este venres están convocados pola empresa para manter un primeiro contacto coa entrega da documentación aos representantes do equipo.
POR CERTO ONDE ESTÁ O DELEGADO QUE TAMPOUCO O ANUNCIAN PARA O MITIN DE MAÑÁ EN CAMBADOS, NA SÚA SEDE, A CULTURAL.
Cada vez os feitos confírmanos mais que a Cultural non deixa de ser a sede oficiosa do Partido Popular,
entre outras cousas para iso a renovaron, vaise celebrar un novo mitin e podendo facelo en Peña onde lle sairía gratis vano facer na Cultural, que en teoría ( repetimos en teoría) deberían de pagar. No cartel que lle
collemos a CORES DE CAMBADOS prestado , tampouco anuncian a Touris. Normalmente Tourís nunca fallaría a un mitin do PP na súa terra, en Cambados, algo lle ten que pasar para non recibir aos traballadores de Crespo nin falar no mitin de Cambados.

Nos realmente sabemos o que lle pasou, pero no podemos nin queremos dicilo porque é un asunto persoal e ademais a nosa fonte así no lo fixo saber, en todo caso quen deberia informar o respecto é a súa familia, ou o seu partido político ou o seu amigo Luís Aragunde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario