13 de maio de 2014

MITIN DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA EN CAMBADOS

O VINDEIRO XOVES ÁS 20.30 HORAS NO PASEO DA CALZADA: “É A HORA DO POBO".
Este xoves Alternativa Galega de Esquerda en Europa
 estarán en Cambados realizando un acto público ao aire libre a partir das 20h30 no fermoso Paseo da Calzada.
Farano á beira da estatua do insigne Ramón Cabanillas e nel intervirán Sabela Rei, Juan Fajardo, Manuel Dios e Emilio Xosé Ínsua.
Porque tamén en Cambados é a hora do pobo! Adiante coa loita!
 #OSalnésconAGEenEuropa

Ningún comentario: