UN ARTIGO DE XAN GALBÁN
Lembro nestes intres un libro de Mendez Ferrín que lin en Suíza coma dúas ou tres veces por que xunto cun mais de Dario Xoán Cabana-Galván en
Saor-foron os únicos compañeiros de soidades que me levei a dous mil dous centos metros do nivel do mar na pequena vila de Saas-Fee.Arraianos é un libro fascinante que agora,cando escribo isto,non podo relelo por que
está coas miñas cousas en Cambados pero non me vai impedir que lembre un dos relatos escritos coa xenialidade do que debería ser xa o primeiro Novel de literatura en galego no que describe o que lle pasou a un Arraiano alá polos anos trinta cando dous amigos de aldea,ún do bando fascista e outro defensor da República van aos frontes bélicos cadaquén ao seu.O fascista,gañadores na contenda, volta á aldea e o republicano chega a exiliase salvando a vida;na taberna pasa durante toda a ditadura "despotricando" na contra do seu examigo e dicíndolles aos que atopase polos camiños e corredoiras que se tentase volver ao lugar collería a escopeta de caza e o mataría sen mais.Chegou o ano setenta e seis correndo o ruxe- ruxe por toda a comarca que o loitador das liberdades ía volver mais pronto que tarde ao que contestaba o falanxista que se viñese mañá xa tiña a escopeta preparada.Todo o mundo estivo espétante sabedores que ao dia seguinte a volta estaba confirmada;todos esperaban inquedos do inminente desenlace anunciado durante tantos lustros.O falanxista apareceu morto suicidándose coa mesma escopeta da que falara o dia anterior.
![]() |
| Saas-Fee |

E a que ven isto?pois non o sei,a verdade,por que non me sae do pensamento dende o caso da Presidenta da Deputación de León que supostamente a matou unha nai e unha filla do mesmo partido ca asasinada,tento entender e non son capaz se non me viñeran mais cousas do réxime no que nos tocou vivir onde o poder executivo e lexislativo están inda moi apegados ao poder xudicial,onde as Deputación seguen a ser un niño de mangoneo case sen control para enchufar e desenchufar,onde os ladróns de luva branca saen impunes;onde o poder botando unha brétema sobre do que pasou en León encamiña cos medios de comunicación o problema ás redes sociais e que curioso
que as dúas Concellalas dimisionarias do PSOE sexan do Salnés onde goberna asfixiando o PP de louzán o superdelegado da Xunta Cores Tourís e in eternum os alcaldes da miña vila,sen darse por desgaste alternativas no poder agravando o"esto es nuestro".Non sei se van gañando as querencias facía o personaxe do falanxista ou do republicano,só sei que quero vivir nun mundo que terei que loitar , un país que vai á deriva e que meu sobriño non teña que elixir entre o que hai.Facebook é un luxo,manda carallo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario