POR PRIMEIRA VEZ NA MIÑA VIDA NON TEÑO CLARA A FORMACIÓN DESTINATARIA DO MEU VOTO.
Estou un tanto desorientado nisto das vindeiras Eleccións Europeas e todo o que as rodean. Por primeira vez na miña
vida non sei a quen votar , por primeira vez na miña vida teño dubidas para saber a papeleta que vou introducir na urna o vindeiro 25 de maio, porque si teño algo seguro e que eu vou ir votar. A primeira vez que oín a palabra urna foi aló polo ano 1966 para refrendar a Franco no poder, contaba eu con nove anos evidentemente eu non votei pero oia cousas, lémbrome que algunha xente dicía que votaran ate os mortos, obviamente aprobábase todo por un 99% dos votos a prol , estabamos un plena época franquista, anos mais tarde un amigo que traballaba no concello de Ribadumia , dicíame “acórdome, perfectamente dese referendum, tiñas urnas preparadas co todos “sies” para cambiar cando non houbera ninguén na sala”, en realidade eran pantomimas. Xa en 1976, contando con 18 anos, foi a primeira vez que exercín o dereito o voto con motivo da aprobación da Lei de Reforma Política, que se celebrou en decembro de dito ano, acórdame que votei “non”, un ano mais tarde veñen as primeiras eleccións democráticas despois da espantosa ditadura de Franco e votei e un grupo de electores que se chamaba Bloque Nacional Popular Galego que formaban entre outros a UPG e ANPG, en Cambados non chegamos a cincuentena de votos. A constitución tamén votei “NON” esa era o que recomendaba
o BNPG. Nas eleccións xerais de 1979 volvin a votar a esta
formación, e nas primeiras Municipais a unha formación que lideraba Xoán Antonio Pillado ( para min o mellor alcalde de Cambados ate o de agora, aínda que a él non lle gusta que o diga) que se chamaba Unidade Galega.
Sempre votei nacionalismo e dende a fundación do BNG en 1982, sempre votei a esta fronte, nunca cambiei o meu voto en todos os comicios electorais. Neste que vai ter lugar o vindeiro 25 de maio, sei dun partido que non vou votar con toda seguridade é o PP por razóns obvias, sei de outro partido que probablemente non vou
votar, non vou dicir cal é, por razón persoais e vai ser porque me defraudaron persoalmente, sei de outro partido mellor dito coalición, que tampouco vou dicir o nome, que leva incluído na mesma un partido españolista que ven de “apoiar” ao PP nunha moción de censura e por este motivo principalmente probablemente non vou votar a este coalición e xa non entro na situación que está a nivel local e comarcal e incluso a nivel nacional (cando digo nacional refírome ao meu país, Galicia) porque téñeno que explicar quen formaron parte desta coalición os seus simpatizantes e votantes.
Tampouco me gusta votar partidos de corte españolista aínda que presuntamente defendan ao obreiro. Nestas votacións tamén vai votar por primeira vez , e ten unha ilusión enorme, a miña filla, e isto que vos acabo de contar foi mais ou menos o que lle dixen a ela, obviamente, non fago como o partido das ovellas, o “peeeeeeee peeeeeeee” , e díxenlle que ela votara a quen crera convinte ou a quen mais lle guste. Tamén barallei a posibilidade de meter no
sobre unha papeleta cunha montaxe miña das que lle “dedico” a Aragunde, pero considero un deber sagrado aparte de serio a opción de votar como se debe facer. Así que teño que mirar entre as 41 candidaturas que se presenta as europeas para examinar cal é a que mais se asimila as miñas ideas e o dia 25 entrar na cabina de votación collela e introducila na urna, porque insisto votar hai que votar, a vida non consiste só en protestar en internet.
vida non sei a quen votar , por primeira vez na miña vida teño dubidas para saber a papeleta que vou introducir na urna o vindeiro 25 de maio, porque si teño algo seguro e que eu vou ir votar. A primeira vez que oín a palabra urna foi aló polo ano 1966 para refrendar a Franco no poder, contaba eu con nove anos evidentemente eu non votei pero oia cousas, lémbrome que algunha xente dicía que votaran ate os mortos, obviamente aprobábase todo por un 99% dos votos a prol , estabamos un plena época franquista, anos mais tarde un amigo que traballaba no concello de Ribadumia , dicíame “acórdome, perfectamente dese referendum, tiñas urnas preparadas co todos “sies” para cambiar cando non houbera ninguén na sala”, en realidade eran pantomimas. Xa en 1976, contando con 18 anos, foi a primeira vez que exercín o dereito o voto con motivo da aprobación da Lei de Reforma Política, que se celebrou en decembro de dito ano, acórdame que votei “non”, un ano mais tarde veñen as primeiras eleccións democráticas despois da espantosa ditadura de Franco e votei e un grupo de electores que se chamaba Bloque Nacional Popular Galego que formaban entre outros a UPG e ANPG, en Cambados non chegamos a cincuentena de votos. A constitución tamén votei “NON” esa era o que recomendaba









Ningún comentario:
Publicar un comentario