A CARGO DA BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO DE CAMBADOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Neste concerto especial da Banda de Música de Castrelo, colaborarán a gaiteira e gaiteiro da Orquestra Folk de Galicia SONDESEU Antonio Prieto (Dena-Meaño) e Marina Vigo (Vigo), ambos estudantes da especialidade de Gaita na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e,
polo tanto, alumnos de Xaquín Xesteira, ademáis de participar noutros proxectos musicais, como no caso de Antonio, no grupo de Gaitas Penaguda de Dena.
polo tanto, alumnos de Xaquín Xesteira, ademáis de participar noutros proxectos musicais, como no caso de Antonio, no grupo de Gaitas Penaguda de Dena.
Tamén participará no acordeón Anxo Xesteira, membro da Banda de Música na sección de gaitas
e na percusión.
e na percusión.
Un ano máis, este concerto estará dedicado á Música Galega, música inspirada na música tradicional do noso país; e tamén haberá unhas pinceladas de música doutros países, como serán
Irlanda e Euskadi.
Irlanda e Euskadi.
Programa:
- Lugo - Ferrol, pasodobre galego de Gregorio Baudot.
- Planxty Irwin: Melodía irlandesa composta por O'Carolan, famoso arpista, compositor e poeta irlandés que viveu entre 1670 e 1738 que, debido a unha ceguera aos 18 anos, dedicouse a percorrer toda Irlanda coa
súa arpa interpretando a súa música. Neste caso trátase dun arranxo propio da banda.
súa arpa interpretando a súa música. Neste caso trátase dun arranxo propio da banda.
- Airiños Aires, rapsodia galega (obra composta de diferentes temas e ritmos tradicionais) de Gustavo Freire. Gaita solista: Marina Vigo.
- Gaztelugatxeko Martxa, composición de Kepa Junkera, trikitilari euskaldún. Nesta ocasión adaptamos para a Banda de Castrelo o arranxo que Emmanuelle Martin fixo para a gravación que o acordeonista realizou
coa Orquestra Sinfónica de Euskadi. Acordeón solista: Anxo Xesteira.
coa Orquestra Sinfónica de Euskadi. Acordeón solista: Anxo Xesteira.
- Muiñeira de Viloira, composta por Ricardo Courtier, músico clásico coruñés (1863-1922) afincado primeiro en Ourense donde dirixíu a Banda Municipal e logo en Trives donde tamén dirixíu a Banda e formou o grupo Os Trintas de
Trives. Neste caso, tamén é un arranxo da Banda de Castrelo. Solistas: Antonio Prieto e Marina Vigo.
Trives. Neste caso, tamén é un arranxo da Banda de Castrelo. Solistas: Antonio Prieto e Marina Vigo.
- Entre Rúas, pasarrúas da Banda de Castrelo inspirada nas alboradas que
esta formación realiza ao longo de cada ano nas diferentes festas cambadesas. Solistas: Marina Vigo e Antonio Prieto.
esta formación realiza ao longo de cada ano nas diferentes festas cambadesas. Solistas: Marina Vigo e Antonio Prieto.
- Muiñeira dos Pendellos, de Xoán Lois Diéguez.
A todos os que querades pasar un bo rato de música galega, alí nos veremos.










Ningún comentario:
Publicar un comentario