14 de maio de 2014

O 17 DE MAIO EN CAMBADOS VEN CARGADO DE ACTOS

CONCERTO POLA MAÑÁ DA BANDA E POLA TARDE ACTO DA CORAL POLIFÓNICA DE CAMBADOS NO AUDITORIO,  E DOS CARBALLEIRAS EN VILARIÑO
O vindeiro sábado ven moi cargado de actos en Cambados, ao xa anunciado concerto da Banda de Música de Castrelo
que dirixira o mestre Xaquín Xesteira o sábado as 12.30 no auditorio de Cambados, temos que engadir dous actos mais, un organizado pola Coral Polifónica de Cambados , actuarán a Coral Polifónica Santa Mariña, Coral Cortegada, Coro Xuvenil Clave de Sol, Cantareiras Madia Leva, e Gaiteiros de Xironsa e rematara o acto a Coral que organiza o mesmo, o acto será no Auditorio da Xuventude de Cambados e comezará ás 18 horas.
Unha hora mais tarde no Campo da Festa de Vilariño o famoso grupo de gaitas “Os Carballeiras” organizan tamén o lle dan en chamar o I encontro Cultural de Vilariño, onde participaran amén dos referidos Carballeiras outros grupos da comarca entre eles Xironsa de Corvillón, polo que como vedes temos un sábado moi movido e moi galego.


Ningún comentario: