15 de maio de 2014

O BLOG "ALZA LA VOZ CAMBADOS" DENUNCIA:

ARAGUNDE VIAXA A JEREZ CON TRES ASESORES E  CON GASTOS PAGOS UNHA VEZ MÁIS A FEIRA DO CABALO.
O blog Alza la Voz Cambados volve a poñer na picota a Luís Aragunde quen  viaxou a Jerez para inaugurar a Feira do Cabalo 2014 e participar na ACEVIN.
A feira quedo oficialmente inaugurada o pasado domingo ás 22:00 horas tralo aceso do alumado. O acto oficial de apertura da feira contou este ano coa participación dos representantes das cidades europeas e españolas do viño, xa que esta edición está dedicada a Recevin, con motivo da designación de Jerez, Cidade Europea do Viño.
Cambados presentara o ano pasado para ser Cidade Europea do Viño
2014, pero o galardón foi outorgado á cidade de Jerez.
O equipo de goberno de Luís Aragunde volve facer das súas. Segundo fontes próximas ao Concello de Cambados o alcalde da localidade viaxou acompañado de tres traballadores da casa consistorial.(Un deles o seu secretario) 
Canto lle custa aos cambadeses estas viaxes? Como noutras ocasións este gasto podería resumirse en: Transporte, aloxamento, dietas e horas extras.
Vaia morro lle vota Aragunde e os seus asesores.
NOVA RECOLLIDA DE ALZA LA VOZ CAMBADOS


Ningún comentario: