O PATRON MAIOR DE AGUIÑO, AMIGO DE BENITO PELEA COLLIDO “AS PATACAS”.
BENITO PELEA XA FORA TAMÉN “CAZADO” EN 2008
A veces a maioria dos patróns maiores da ria, algúns deles afins a Partido Popular enchense a boca decindo que hai
que loitar contra o furtivismo, e algunhas veces acompañados polos propios alcaldes do PP como o caso de Luis Aragunde, pero despois a cruda realidade amosanos unha faciana moi distinta deste “elementos”. O pasado mes de Abril vixiantes da confraría coruñesa de Aguiño sorprenderon ao
patrón maior, José Oujo, cun excedente de 20 quilos de ourizo, tal e como fixeron constar na acta que redactaron. Segundo explícan neste documento, os feitos ocorreron durante un control realizado na lonxa desta parroquia do municipio de Ribeira. A acta indica que Oujo foi sorprendido ao chegar a porto, na embarcación Siva 3ª, cun exceso de 20 quilos de ourizo, e engade que os vixiantes, aos poucos minutos, viron saír a Oujo cun capacho, motivo polo que foi requirido para entrar novamente no edificio. Este, segundo o mesmo documento, respondeu: «Si forades mirar o que tedes que mirar, non pasaba isto».

Segundo parece, os vixiantes informaron ao máximo responsable desta confraría da infracción que estaba a cometer, e
indicáronlle que debía deixar o recipiente no que tiña o ourizo dentro da lonxa para que eles o devolvesen posteriormente ao mar. Segundo a acta, o patrón maior nun acto de chuleria e prepotencia «levou o capacho sen facer ningún caso», motivo polo que os vixiantes non dubidaron en pedir que «dito individuo, que desempeña o posto de patrón maior da confraría, sexa sancionado acorde co seu cargo, xa que como máximo representante legal da confraría ten que dar exemplo».

En Abril tamén, pero do 2008 o periódico “El Pais” titulaba “Decomisan marisco ilegal ao patrón maior de Cambados" e continuaba dicindo “Nunha zona non autorizada e cun
desfase do 100% de capturas sobre o tope legal. Así se atopou onte un dispositivo de vixilancia á embarcación Pelea, propiedade do patrón maior de Cambados, Benito González. Xunto a esta había outro barco e entre ambos sumaban 3.709 quilos de berberecho rabioso, cando o tope é de 1.600. A
Consellería de Pesca confirmou o decomiso do marisco, a súa venda e a posterior posta a disposición de Tesouro da Xunta da recaudación.” Benito non era a primeira vez que infrinxia a lei xa que segundo o mesmo periódico xa lle incoaran un expediente por enrolar a xubilados na súa embarcación. Que mania ten Pelea cos xubilados tamen está redoeado deles no Cabildo da Confraria coa anuencia da Secretaria da mesma quen deberia de denunciar estas ilegalidades e non permitilas.

Con que cara se presentan estes energumenos diante dos mariñeiros arousáns a decirlle que hai que loitar contra o furtivismo, con que cara lle din aos furtivos que non collan marisco ilegalmente. Mariñeiros se queredes seguir sendo gobernados por caraduras, xa sabedes a quen votar nas vindeiras eleccións as confrarias.
FOTOS: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario:
Publicar un comentario