19 de maio de 2014

O BLOG "CORES DE CAMBADOS" DENUNCIA QUE ATE SETE TRABALLADORES DO CONCELLO TRABALLARON PARA UNHA ASOCIACIÓN PRIVADA

“CON DE XIDO” MIMADA DO ALCALDE LUIS ARAGUNDE  TEN O CONCELLO “A SÚA DISPOSICIÓN"
O blog “Cores de Cambados” ven a de denunciar que unha entidade privada como é a Asociación cultural Con de Xido de Castrelo utilizou onte ate sete empregados do Concello nun acto organizado por dita Asociaicón. Cores de Cambados decianos no seu blog que “onte celebrouse en
Cambados o XXII Festival Folclórico, no Parque de Torrado, organizado pola grupo "Con de Xido" e que contou coa presenza de varios grupos máis, convidados polo grupo cambadés. Ata aquí todo máis ou menos normal. Decir que a afluencia de público foi baixa tendo en conta que descontando a familiares dos membros dos grupos foráneos non habería máis de 100 persoas.””
Seguia dicindo Cores de Cambados que “lle chamou a atención   que para un evento organizado por unha
asociación allea ao Concello haxan "colaborando" no acto 6 traballadores do mesmo. A saber, un "técnico de son", un "colocador de micros", unha presentadora, duas rapazas para todo (poñer a mesa para a merendola final, avituallamento dos gaiteiros, controlar e vixiar e "palmeiras" do alcalde), un encargado da loxística, (cadeiras, medios técnicos e ornamentais.....). Aparte contar co operario que pola mañán se afanaba en limpar o recinto para a ocasión. De non celebrarse o festival non se
limparía, e a merda botando por fora das papeleiras, xa o dia anterior. A todo hai que engadir a montaxe do escenario, privilexiados os de "Con de Xido" que gozan do sobrante do escenario do Salón Peña, tres empregados polo menos, do concello traballaron na instalación”
Despois tamén se pregunta  Cores de Cambados: cobrarán horas extras esta xente que onte perdeu parte do seu domingo "axudando" no festival?
Pois si queridos amigos de Cores de Cambados, claro que todos eles van cobrar horas extras que pagamos todos os cambadeses, eles non están ali por amor ao partido.
 Seguen preguntando Cores de Cambados: Canto nos costará ao cambadeses un festival organizado por unha asociación "independiente"? Pois entre unhas cousas e outras podelle custar ao concello sobre uns dous mil euros, calculando polo pouco,  este festival de Con de Xido
e por ultimo preguntanos  Cores de Cambados: Realmente é necesaria a presenza de tantos operarios? Non porque deberia traballar a directiva da asociación a cal está o frente un home do partido como é Daniel Meaño Alba, por iso esta asociación goza de tantos favores por parte do Concello de Cambados, non lle pasa así a outras asociacións e non decimos nada nas que non son afins ao partido.
"Con de Xido" non ten membros que poidan ocuparse da loxística?. O concello podía ter deixado os asentos na parte cerrada de Torrado e despois os membros do grupo co seu presidente á cabeza facer o reparto.
Comentaba alguén, seguia a dicir Cores de Cambados,  que se atopaba alí cos seus fillos que parece ser que esta agrupación está moi vencellada ao PP local e polo tanto por aí ven a desinteresada colaboración entre "Concello" e
grupo. 
Coidamos que as preguntas fican contestadas, e mais para maior abundamento  dicir que este grupo é o que mais cartos recibe do concelllo de Cambados. 
Cloro así nos preguntamos despois como o PP arrasa en Castrelo nas eleccións municipales, pois con cousas coma esta, e non a unica asociación de Castrelo que recibe “favores” do Concello de Cambados.
Aquí ou reciben todos os favores do concello de Cambados, ou que nas reciba ningún , o que non se poden facer son distincións.



Ningún comentario: