19 de maio de 2014

TOMÁS CAULA EXPÓN EN “A DE LUPE”

O ORTIGUEIRÉS LEVA AFINCADO EN CAMBADOS 26 ANOS.
O vindeiro venres inaugurase unha nova exposición en “A DE LUPE”, (sito na Rua Isabel II de Cambados) este pequena pero bulideira vinoteca-
pinacoteca, acolle a partir do venres unha nova exposición, rematando así a de Edu Charlin. Tomas Caula é un artista
contrastado e xa fixo varias exposicións, así a vote pronto en Cambados lembrámonos nunha en Exposalnés e outra na Ribeira de Fefiñans, el como cliente de “A de Lupe” tiña moita ilusión en facer alí unha exposición, e a partir do venres todos poderes vela. Tomás, aparte dunha persoa cunha cultura fora de serie, gústalle
rodearse de bos amigos, e  gozar dun bo viño sen facerlle tampouco ascos a un bo xantar. A súa muller Adela é tamén xa unha veterana nisto da docencia en Cambados onde da clase no Colexio publico de Santo Tome. Tomás como bo ortigueirés é un namorado de Santa Marta de Ortigueira onde pasa
Tomás foi chalequeiro de
"Unha Grande Chea"
 normalmente alí os veráns.
Tomás é  afeccionado a música tradicional, é Licenciado en Belas Artes,  non dubidou en respostar a unhas poucas preguntas sobre da súa exposición do vindeiro venres.
A TI MEU CAMBADOS.- Tomás canto tempo levas en Cambados?
TOMAS CAULA.- Pois na compaña da miña muller Adela e do meu fillo Tomás, levamos xa aquí 26 anos e estamos moi a gusto.
Xaquin Xesteira visto por
Tomás Caula
ATMC.- Tomás para os que non te coñezan, defínenos o teu estilo?
TC.-  O meu estilo é unha pintura figurativa con pinceladas surrealistas e esquemática xeométrica..
ATMC.- De cantos obras vai constar a exposición.- 
TC.- A exposición vai constar de dezaseis ou dezasete pequenos cadros, dos cales a metade son óleos e outra metade debuxos.
ATMC.- A exposición segue algunha temática? 
TC.- En principio non, a temática é variada , aínda que predominan os cadros de gaiteiros. 
Pois nada mais  querido amigo, vémonos o venres na exposición en “A de Lupe”, sobre as 21 horas será a inauguración, e como as anteriores esperemos que sexa un éxito de público. Unha aperta.

Ningún comentario: