19 de maio de 2014

AS RUÍNAS DE SANTA MARIÑA, O MAIS FAMOSO DOS NOSOS MONUMENTOS, NUN ESTADO LAMENTABLE

E PARA ISO PAGAMOS OS CAMBADESES UN ARQUEÓLOGO POR 1800 EUROS O MES.
Hoxe unha veciña de Santa Mariña comunícanos  que as Ruínas de Santa Mariña están nun estado lamentable, non
dabamos crédito o que nos dicía e fomos comprobalo en persoa, o chegar o lugar caeunos a alma o chan.  Na porta principal das ruínas vemos o letreiro que nos informa do monumentos que entramos a visitar,
roto e tirado no chan, casualmente cando chegamos ao lugar unha excursión saia das ruínas. Lamentable non hai cualificativos para este abandono deste singular e precioso monumento. Os "setos" que que separan as tumbas están tamén abandonados dende fai
tempo . Os muros nun estado lamentable como se pode ver nas fotografías. Si Luís Aragunde trata así a nosa tarxeta de presentación como son as Ruínas como non tratará o noso Alcalde outras cosas.
O MAIS GRAVE DE TODO E QUE SABÍAN DA SITUACIÓN E IGNORÁRONA.
A veciña que se comunica con esta páxina e que nos denuncia os feitos dinos textualmente: “Aparte dunha pequena árbore medrando nun dos arcos, hoxe caeu a pedra  co letreiro  que informa preto da historia este monumento, xa enviei un correo fai un ano de que se movía
a pedra”. Tamén nos dicia a nosa comunicante que puxera os feitos en coñecemento do concello e polo tanto do Alcalde pero nunca lle fixeron caso.
Para que os cambadeses pagamos un arqueólogo case por 2.000 euros o
mes (que o parecer ven dúas veces a semana), para que o noso patrimonio estea abandonado. Xa pasou fai uns días co acceso a Torre de Sandurniño que repararon o denuncialo este blog. E que dicir tamén dos  contedores da vasoira o pe de entrada principal cando perfectamente podían estar por detrás o que da unha
paupérrima imaxe do monumento. Os cambadeses non podemos permitir que Luís Aragunde abandone o noso patrimonio e sobre todo  un monumento que é visitado por miles e miles de turistas ao ano.
¡¡¡REPARACIÓN DAS RUÍNAS XA!!!




Ningún comentario: