UNS PROFESIONAIS COMA A “COPA DUN PINO”
O pasado venres tivo lugar na Praza de Alfredo Brañas de Cambados un concerto dos que marcan época. "Recambios
Tucho", o grupo que lidera Antonio Novo “Tucho”, fixo as delicias dos alí presentes, coas súas versións de dos Rolling Stones, de The Kinks, de David Bowie e de Alice Cooper entre outros. A cousa empezou un pouco fría , pero a medida de a música ía entrando no corpo do xente e empezouse a achegar ao palco, a cousa foise animando ate o punto de que o concerto durou dúas horas e pico, facendo a delicia dos alí presentes. Como non non faltaron tampouco as versións do grupo en galego e incluso algúns tema de Herdeiros da Crus, grupo no que militaba e milita “Tucho”. Un grupo digno das mellores noites da Pastora ou para un día do Albariño, por suposto cunha megafonía mais potente . Pese a andar polos arredores actuando nunca viramos a “Recambios Tucho”, algúns amigos falaranos moi ben deles, pero o que nos contaba foi superado pola realidade, velos en vivo e en directo fixo que os nosos amigos quedaranse cortos cando nos falaron deles . Non defraudaron.

Ningún comentario:
Publicar un comentario