21 de maio de 2014

“O XARDÍN DE CAÑETE"

UN ARTIGO DA PERIODISTA CAMBADESA,   IRENE CACABELOS
18.05.2014 -  Recoñézoo. Apresureime ao tachar de soporífera a campaña ás europeas. Quedábanos moito por ver e sobre todo por oír. 
É o bo das campañas, que son como montañas rusas, e desta máis dun estase desexando baixar.
O "efecto Cañete" prometía. Nunha semana de precampaña conseguiu elevar a moral da tropa xenovesa case
ao mesmo ritmo que sumía ao PSOE no desánimo.
E entón chegou o debate. Din os expertos que o exceso de confianza pode pasar factura ao máis pintado. Pasoulla a Felipe con Aznar e algo parecido ocorreulle a Cañete con Valenciano.
Os que menosprezaron á "telefonista de Ferraz" tiveron que repregar veas ao ver como se merendaba, literalmente, ao candidato popular. Gañoulle en presenza, en discurso e en formas mentres que o ex-ministro de Agricultura intentaba a duras penas manter firme a gravata e o semblante.
Non o conseguiu, e esa mesma noite empezaba de novo a campaña , polo menos para os socialistas. Un chute de moral que necesitaban, casualidades do calendario, como auga de Maio.
Pero o mellor, ou o peor segundo mírese, estaba por chegar. E tardou apenas doce horas.
Non contento con perder o debate, Cañete quixo explicar a súa derrota. Craso erro. As derrotas asúmense ou se enmendan en futuros combates pero xamais se intentan xustificar porque un corre o risco de meterse nun xardín. E dos gordos.
Aínda anda Cañete intentando buscar a saída ao seu, tras asegurar que tivo de ocultar a súa "superioridade intelectual" para non parecer "machista". Si ese era o obxectivo, hei de dicir que fracasou estrepitosamente.
Un candidato non ten que parecer un cabaleiro nin todo o contrario. Ten que convencer e ilusionar aos seus votantes. E iso, non o fixo nin no debate nin na súa explicación posterior.
En definitiva: que o PP deu munición ao PSOE no terreo que mellor domina e iso pode custarlle moi caro. O bo para os xornalistas é que volve haber partido , e a final xógase o vindeiro domingo.


Un artigo de  Irene Cacabelos,
Periodista nacida en Castrelo-Cambados e residente en Madrid. @icacabelos, para 

Texto libre orixinal en castelán, traducido por “A TI MEU CAMBADOS”. 
FOTOS: VARIOS MEDIOS.

Ningún comentario: