21 de maio de 2014

UNHA DAS EMRPESAS MAIS IMPORTANTES DE CAMBADOS NO SEU TEMPO, CON GRAVES PROBLEMAS

O XERENTE É O DEPUTADO DO PP,   TELMO MARTIN 
Hierros Santa Cruz presenta no xulgado a solicitude de concurso de acredores
A empresa xa pactara un ERE temporal co persoal e impulsou un plan de baixas incentivadas para alixeirar
persoal e custos laborais.
Hierros Santa Cruz formalizou a súa solicitude de concurso no Xulgado do Mercantil co obxectivo valorar si é posible superar a delicada situación na que se atopa, tras aguantar os anos máis duros do "pinchazo" da burbulla inmobiliaria e freo da obra civil.
Con centros de traballo nos polígonos industriais da Pedreira (Meaño) e A Picaña (Padrón) e en Cambados, a firma viviu momentos críticos que lle levou, por exemplo, en novembro de 2012 a pactar co persoal un ERE temporal e recentemente
un plan de baixas incentivadas para alixeirar persoal e custos laborais.
Pendentes de que o Xulgado do Mercantil dite o auto de aceptación ou non do concurso de acredores, fontes sindicais apuntaban onte que "a noticia
non nos sorprende" xa que Hierros Santa Cruz arrastra dificultades desde fai tempo. En calquera caso, engadían, queren confiar en que a empresa familiar da que o deputado nacional Telmo Martín é copropietario aposte por un convenio para intentar remontar a crise e saír adiante.
Hierros Santa Cruz é un referente nacional en obra civil e traballou coas grandes construtoras do país como Dragados, FCC, Acciona, Ferrovial ou Sacyr. Entre os seus éxitos empresariais máis coñecidos está a
súa participación na construción da T-4, a terminal máis moderna do aeroporto internacional de Madrid-Barajas.
Nos próximos días os traballadores coñecerán o alcance do concurso e si teñen ou non posibilidades de que se manteñan os empregos.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO


Ningún comentario: