12 de maio de 2014

OPINIÓN: A RECUPERACIÓN ECONÓMICA.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Hoxe nos xornais podemos ler titulares, que describen a panacea e a recuperación económica case
inmediata. "Las grandes empresas gallegas recuperan facturación tras cinco años de bajada".
Visto así, loxicamente temos que pensar e crer, que verdadeiramente a volta da esquina xa non haí crise, e polo tanto os males da nosa sociedade
xa están a piques de ser solucionados por un goberno acusado de estrangular, os sectores de poboación mais débiles.Isto podería ser certo si non estivésemos en campaña electoral, evidentemente.
Pero si analizamos un pouco a situación, nos decatamos que una vez mais a propaganda macroeconómica pretende facernos ver
algo que non existe na sociedade, nin no dia a dia.
Por una banda a empresa líder en facturación en Galicia,(Inditex), alcanza como Grupo un lixeiro aumento nas súas ventas, non se di que entran as ventas dos seus negocios internacionais, tampouco se valora a
cantos pequenos comercios obrigou a pechar as portas debido a súa política de prezos, a a política de liberdade de horarios.
O sector do automóbil (psa-citroen) tamén aumenta as ventas, gracias a exportación internacional, e gracias as axudas autonómicas
e estatais en forma de subvencións.
A banca experimenta uns importantes beneficios, lóxico si cando perden os cidadáns poñemos diñeiro, e cando gañan repártenos entre eles, o beneficio esta asegurado.
As grandes fortunas son aliviadas da presión fiscal, para pagar impostos, IVE e baixada de salarios xa esta o sector obreiro.
No sector alimentario tamén se experimenta aumento na facturación, Gadis, Froiz, Vego,
lideran estas subidas, pero claro esta, a maior devaluación social, mellor resultado económico destas empresas.
En definitiva si de verdade temos una recuperación económica, e as grandes empresas deste país confirman a tendencia, porque non vai parella co benestar social?, porque non disminue o paro?, porque os recortes en sanidade e educación?, porque os comedores sociais están ateixados de xente necesitada?, porque non se frean os desaloxos a xente honrada e necesitada dunha vivenda digna?, porque desaparecen do mapa miles de autónomos e pequenas empresas? porque?.
Eu teño a resposta... Porque a Unión Europea esta confiscada e sometida o ditame das grandes corporacións económicas, culpables e deseñadoras da estratexia de crise, para facer desaparecer do mapa o pequeno comercio, e así abrir a autoestrada do mercado internacional, once eles lideran, mandan, e ordenan os gobernos.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: