12 de maio de 2014

PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS!

O DÍA 17 DE MAIO QUEREMOS GALEGO ANIMA A TODOS OS GALEGOS A MOBILIZARNOS.
17 de maio,Queremos Galego! Un paso adiante, e outro ADIANTE, Galiza! Defendamos o noso idioma.
O vindeiro sábado 17 de maio, a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, convídanos a multiplicar por 8 a defensa da nosa lingua, participando nalgunha das 8 mobilizacións que en toda Galiza
convoca a Plataforma (A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo e Foz).
A CIG, como parte integrante da Plataforma Queremos Galego!, anímate, como vén facendo combativamente desde sempre, a defenderte das agresións,
tamén das agresións á nosa lingua. Pois, como di o texto do manifesto elaborado por Marica Campo para esta ocasión: “non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a
defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego”.
Ao longo do país, o vindeiro sábado 17 de maio ás 12h celebraranse actos nos seguintes lugares:
 A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro
(confluencia das rúas Real e Rego de Auga)
Ferrol: Praza de Armas.
Santiago: Porta Faxeira.
Pontevedra: Praza da Peregrina.
Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte.
Ourense: Alameda (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor).
Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes).
Foz: Praza do Conde de Fontao. 

Ningún comentario: