28 de maio de 2014

TERREOS PUBLICOS PARA OBRAS PRIVADAS?

A RUA BELECO, ENGANO TRAS ENGANO
Un veciño da Rua Beleco alertounos dunhas misteriosas obras que se están a realizar na mesma
, esta que ten graves problemas de todo tipo e que ao parecer alguen quere aproveitarse de terreos publicos para obras privadas, presuntamente.
Segundo nos comentaba a prensa os promotores dun grupo de edificios
situados na contorna de  Beleco, un barrio novo do centro de Cambados, presentaron tres proxectos para ampliar a potencia do fornezo eléctrico na zona. O obxectivo é evitar os problemas que se producen desde fai anos no barrio, e que ata derivaron nunha polémica entre os
residentes dun edificio e o constructor do mesmo, que lles cortou a luz de obra.
Precisamente na zona onde se estaban realizando as obras era un lugar donde estaba cheo de lixo, diso tamén nos alertara unha veciña e foi denunciado neste blog.
Ao parecer  o proxecto en cuestión preveia a construcción dun transformador  na zona, esperemos que esas obras non sexan do devandito transformador, porque entre outras cousas non ten ningún cartel preceptivo indicativo e están en terreos publicos,   e polo tanto dubidamos que teñan o oportuno permiso .E xa sabemos que fai Luis Aragunde con algunhas obras en Cambados, non cremos necesario explicalo. Aquí deixamos a “alarma” para quen corresponde se entere e tome boa nota.

Ningún comentario: