27 de xuño de 2014

A PORTAVOZ DO PSOE FATIMA ABAL DEIXA EN REDICULO A LUÍS ARAGUNDE

O ALCALDE DE CAMBADOS O DE PINOCHO QUEDALLE CURTO. MINTE ATA POR ESCRITO.
Luís Aragunde, ese home impresentable que temos por Alcalde “mentiroso” de profesión , Pinocho o seu lado é un
cúmulo de verdades, ten a "desfachatez" e falta de respecto de mentir ate por escrito. O día dous de maio fíxolle chegar a Fatima Abal un escrito  (podes ver ao remate da nova unha copia do mesmo) no que  pouco menos culpaba o PSOE de “matar a
Kenedy”, ten tan pouca vergoña   o noso alcalde  que a mediados de 2014 aínda lle segue a botar a culpa a herdanza do PSOE e non súa propia incompetencia.
Fatima, que é unha muller moi intelixente,  presentou no concello cara o vindeiro pleno un escrito que espide a Luís Aragunde moral é eticamente e a portavoz do PSOE  dinos que respecto a un escrito recibido o 2 de maio en
resposta a unas preguntas rexistradas o 13 de decembro sobre o Cuartel da Guarda Civil, a resposta non contesta ás preguntas efectuadas.
En primeiro lugar, como suxeriu esta Alcaldía informouse de xeito conciso.
Tanto que trasladou unha solicitude de informe a unha Senadora socialista para que a presentase ante o Goberno de España e o Goberno explicara de xeito pormenorizado paso a paso todas as actuacións realizadas por este Concello na tramitación do arranxo do Cuartel da Garda
Civil, incluso con copias de todas as actuacións que figuraban no expediente, tanto do Ministerio do Interior como do Concello. Esta pregunta foi respostada polo Goberno de España o día 30 de maio deste mesmo ano, e esta é a verdade dos feitos: 
1.- O comunicado ó Concello da decisión da Garda Civil de construír un novo cuartel na
localidade prodúcese o 23 de febreiro de 2007.
2.- O Concello de Cambados tarda un ano e dous meses en presentar o Proxecto básico e 5  meses máis en presentar o Proxecto de execución. Dous meses despois a Garda Civil devolve o proxecto para correccións. O Concello de Cambados tarda 10 meses en facer as correccións.
3.- Catro meses despois a Garda Civil reclama o proxecto
en CD. 7 meses despois chega o cd no Servizo de Acuartelamento ( estamos falando do 3 de agosto do 2010).
4.- Ano 2011 cambio no goberno central, mandato de Mariano Rajoy, durante todo este ano non se recibe nada referente ó arranxo do Cuartel nin por parte do Concello nin por parte do Goberno central.
5.- Ata o 17 de xaneiro do ano 2012, dous anos despois, non se recibe na Dirección Xeral o escrito do arquitecto municipal, dicindo basicamente q o proxecto é irrealizable, un mes despois, transmítese ó Concello a necesidade de actualizar o proxecto.
6.- A última actuación foi o 20 de abril de 2012 e di textualmente “se remite al Ayuntamiento de Cambados memoria de necesidades para el acuartelamiento”.
7.- Ata día de hoxe, 28 de maio de 2014, dous anos despois, o Goberno non ten constancia de máis comunicación referentes a este tema.
Xurden moitas dúbidas, sobre todo a de porqué os senadores do partido popular votaron en contra da emenda para o arranxo do cuartel, e a de porqué ó Concello de Cambados desistiu  nas súas actuacións. 
A resposta escrita da Alcaldía ás preguntas feitas por este grupo no Pleno de decembro de que o goberno do PSOE en épocas de bonanza esqueceu dita actuación é que o goberno actual ten que facer fronte á herdanza recibida xa non é válida no momento en que se pon de manifesto que é este Concello o que foi atrasando anos esta obra. En concreto, desde que se comezaron as actuacións,  7anos de atraso.
No próximo Pleno, presentaran  de novo estas preguntas por escrito.
Querida Fatima,  a resposta de Aragunde está clara non fai falla ser moi previsible para saber a resposta deste inepto que temos de Alcalde será: "A culpa é da herdanza do PSOE",  han de estar no 2050 botándolle a culpa ao PSOE. Lamentable.

Ningún comentario: