ESPECIAL ELECCIÓNS CONFRARÍA DE CAMBADOS
NUNHA XUNTA XERAL DE 08/05/ 2009 RECOÑECEU QUE A COMUNIDADE BENS PELEA CB RECIBIA DIETAS DA CONFRARIA, QUE HABIA UNHA CONTA B, E QUE SE COBRABA A VIXIANZA NAS BATEAS
Esto xa foi denunciado no 2011 pola daquela oposición a Benito Pelea nun medio de prensa, esa publicación deu
orixe a unha querela presentada polo propio Benito Pelea contra un socio da confraria, querela que Benito mandou retirar inmeatamente a requeir o xulgado de certa documentación a confraria (o medo é libre), segundo nos conta o propio socio os gastos de avogado e procurador probablemente foran abonados pola confraría. Este mesmo socio tiña unha proba no seu poder que nos fixo chegar e que é toda unha declaración de intencións, aquí , insistimos grazas a este socio, imos publicar algunhas das conversas que aportou como proba.

A reunión en cuestión e da Xunta Xeral da Confraría San Antonio de Cambados do día 8 de maio de 2009, imos poñer os parágrafos máis importante:
M.C.- Ti estás cobrando unhas dietas que están anotadas a Pelea CB para evitar ti uns gastos de …inspección de hacienda…
Patron Maior Benito González.- Por perder de traballar no mar.
M.C.- Claro.
DA CONTA B OU DA CONTA DO CARMEN OU DOS CARTOS EN NEGRO:
M.C..- Bueno…o tema ese das festas do Carmen Benito? Ahí non se fixo ningún tipo de ingreso do que se pideu…ahí non hai nada, ahí hai un gasto de 25000 € e según dixo J… (nome dunha
empregada) que ese cartos van todos aparte a unha conta en donde se menten os cartos negros…¿Quen gestiona esa cuenta?
empregada) que ese cartos van todos aparte a unha conta en donde se menten os cartos negros…¿Quen gestiona esa cuenta?
Patrón Maior.- A Secretraria e mais a Avogada…
Patrón Maior.- Os que temos cuenta somos os tres, os que a firmamos, ó mellor o que a leva é o conserje…cando hai os pedidos… ten anotado todo nunha libreta.
O.C.- ¿Por qué a Xunta Xeral non ten control de esa conta?
Secretaria.- Non o sei porque non se fixo así a verdad…
Patrón Maior.- O que queiras saber vas a xunta ó conserje.
(Noutro momento seguen a falar da conta)
Patrón Maior.- A ver…esto realmente non había que telo…peró é necesario.
M.C.- Porque é necesario?
Patrón Maior: Porque é necesario, porque hay xente que che
fai traballos e ¿Cómo llos pagas?¿Cos meus cartos?¿Con que llos pagas si non quere factura?...sempre é ben ter un fondo esi, mira pintaron unha batea, por ejemplo,… non hay quen pinte a batea, pintou un chaval…”non che dou factura que eu factura non cha podo dar”…pois tiven que pagarle de ahí…

M.C. ¿pero por que?
Patrón Maior.- Porque non che dan factura…
M.C.- Si non che dan factura non me fagas o traballo…
DA DUBIDOSA LEGALIDADE DA VIXIANZA NAS BATEAS:
C.M.- Aparte quero que conste en acta unha cousa…”Que se deixe de vigilar nas bateas” e que salga a votación e que cada ún…que con conste en acta, se quere facer votación que faga, e cada un que asuma a súa responsabilidade, eu non…
Patrón Maior…Os cartos (os da vigilancia nas bateas) están nesa conta (conta B) eh?...os cartos están nesa conta.
M.C. Xo sei, pero ¿o que se lle cobra ás bateas?
Secretaria: 2000 €
M.C.- Non sei, eu non sei, entón dixeches…
Secretaria.- 2000 €
M.C.- Vale…entón dixeches…
Patrón Maior: É un acordó que temos con eles (cos bateiros), si hay un acordo…
Hai moitas mais conversas pero so queremos deixar constancia de que eles mesmos recoñecen que hai dietas irregulares, eles mismos recoñecen que houbo unha conta B, eles mismos recoñecen que están cobrando por vixiar as bateas e non se contabiliza na contabilidade xeral da confraria, si esto é un bo aval Señores de Faro de Vigo, que veña Deus e o vexa.
Agora si ainda así os mariñeiros e mariscadoras queredes seguir votando mais irregularidades , pois xa sabedes a quen tedes que votar se queredes votar transparencia e rexenaración democrática , que seria o normal, tedes a oportunidade de facelo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario