ESPECIAL ELECCIÓNS CONFRARÍA DE CAMBADOS
ISTO CHEIRA A “PUCHEIRAZO” COCIÑADO DENDE A XUNTA . A COMISIÓN ELECTORAL NA CONFRARÍA DE CAMBADOS SEGUE SEN RESOLVER OS RECURSOS PRESENTADOS, INEXPLICABLEMENTE.
O decreto 8/2014, de 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, parece estar feito a medida de Benito Pelea pola súa amiga
Rosa Quinta si ben é certo que o artigo 89 1 dispón que:
Rosa Quinta si ben é certo que o artigo 89 1 dispón que:
"1. A mesa electoral de cada confraría está composta por:
a) Presidente/a, que será o/a patrón/patroa maior.
b) Secretario/a, que será o da confraría.
c) Catro vocales: dous serán os/as traballadores/as de maior e menor idade do censo e os outros dous os/as empresarios/as que reúnan iguais características.
2. Os/As vocales da mesa electoral e as súas suplentes serán designados/as pola comisión electoral da confraría entre os membros dos colectivos de traballadores/as e empresarios/as seguindo o criterio da idade."
É evidente que non se fixo constar nada de apoderados e interventores na composición da mesa seguramente a propósito, pero tampouco di que non se poidan nomear e neste caso cando un decreto non nos aclara un articulo,
temos que mirar cara una lei de rango superior como é a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de Xuño, do réxime electoral xeneral que no seu Artigo 76, di:
temos que mirar cara una lei de rango superior como é a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de Xuño, do réxime electoral xeneral que no seu Artigo 76, di:
"1. O representante de cada candidatura pode outorgar poder a favor de calquera cidadán, maior de idade e que se ache en pleno uso dos seus dereitos civís e políticos, ao obxecto de que ostente a
representación da candidatura nos actos e operacións electorais.
representación da candidatura nos actos e operacións electorais.
2. O apoderamento se formaliza ante notario ou ante o Secretario da Xunta Electoral Provincial ou de Zona, quen expiden a correspondente credencial, conforme ao modelo oficialmente establecido.
3. Os apoderados deben exhibir os seus credenciais e o seu Documento Nacional de Identidade aos membros das Mesas Electorais e demais autoridades competentes.
4. Os traballadores por conta allea e os funcionarios que acrediten a súa condición de apoderados teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación.
Artigo 77
Os apoderados teñen dereito a acceder libremente aos locais electorais, a examinar o desenvolvemento das operacións de voto e de escrutinio, a formular reclamacións e protestas así como a recibir as certificacións que prevé esta Lei, cando non sexan expedir a outro apoderado ou interventor do seu mesma candidatura."
É escandaloso que nunha mesa electoral non existan interventores nin apoderados, que aínda por riba a Comisión Electoral non sexa capaz de resolver os recursos tanto presentada pola Candidatura de Rexeneración Democrática como a de Teresa Bugallo, antes de que se celebren as eleccións.
A todo isto a prensa é coñecedora desta grave anomalía, vos vichedes en algún medio do réxime, tan listos eles, tan periodistas, tan imparciais o publicaran. Lamentable seguen a ser a voz do seu amo.
Isto cheira a “Pucheirazo" e aínda por riba cociñado dende a consellería da impresentable Rosa Quintana.







Ningún comentario:
Publicar un comentario