9 de xuño de 2014

AS 20.30 HORAS NA PRAZA DE GALICIA

CONCENTRACIÓN MAÑÁ MARTES EN VILAGARCÍA CONTRA A MONARQUÍA ESPAÑOLA E POLA REPÚBLICA GALEGA
O BNG continúa coas mobilizacións en diferentes vilas e cidades do país para denunciar,após a abdicación do Rei de
España, o actual réxime herdado do franquismo  e demandar un novo proceso constituínte que recolla o dereito dos pobos a decidir. 
É por iso, que o BNG do Salnés fai un
chamamento a militantes e simpatizantes a  participar na concentración convocada para mañá martes, ás 20´30 h., na Praza de Galiza en Vilagarcía de Arousa contra a monarquía española, pola soberanía e pola república da Galiza.

Ningún comentario: