9 de xuño de 2014

"MUEBLES OTERO" APOSTA POLA MOCIDADE

IRIA RIBADOMAR E ANNIKA ALVAREZ ESTREAN EXPOSICIÓN O VINDEIRO SÁBADO
A verdade que desgraciadamente cada día cústanos mais apostar polos mozos, neste casa polas mozas, pero
Muebles Otero, sita na Avda de Vilagarcía 91 da nosa vila,  e sobre todo a súa moza xerente Paz Vilas non ten ningún inconvinte e apostar pola xente da súa idade e así podemos ter a oportunidade de que o vindeiro sábado 14 de xuño sobre as 20 horas inaugurase a exposición dúas
Iria
promesas feitas xa realidade da pintura cambadesa e non son outras que Iria Ribadomar e Annika Alvarez. A exposición estará dende o día da súa inauguración e ate o 12 de xullo e pódese visitar  e horario de luns a sábado de 9:30 as 13:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Iria Ribadomar autodefinese na súa páxina web http://www.iriaribadomar.com/ deste xeito tan peculiar: “Son... de Cambados (do 84). Emigrei a Santiago en 2004 para estudar Proxectos e Dirección de Obras de Decoración. Deseñaba cociñas ata que en 2008 troquei o
Autocad polos debuxos na rúa. En 2009 entereime de que podía estudar algo que se chamaba Arquitectura Efímera... e voltei a escola para descubrir un novo enfoque no deseño de espazos. Agora reparto o tempo entre a pintura, o
Annika
debuxo, o deseño dixital e os experimentos...”
Iria Ribadomar acaba de expoñer algunha das súas obras no Pazo de Torrado ao carón de artistas consagrados na exposición “Son de Cambados”. 
Pola súa parte Annika Alvarez, tamén cambadesa,  ten o
seu propio estilo destacando sobre maneira das súas pinturas os grandes  ollos das súas protagonistas femininas e a dozura das mesmas.
Muebles Otero xa é un clásico dentro disto das exposicións de pintura, é unha especie de mobleria-pinacoteca que conxuga  o venta de mobles coa arte.

Ningún comentario: