1 de xuño de 2014

BOMBAZO INFORMATIVO: NORBERTO UZAL, EX ASESOR XURÍDICO DO CONCELLO DE CAMBADOS E EX DIRECTOR XERAL DE ADMINISTRACIÓN PULICAS ACUSA DIRECTAMENTE A RUEDA DE “ENTOXICAR” A SÚA RENUNCIA

O AGORA LETRADO DI QUE A PROPIA VICEPRESIDENCIA INFORMOU MALINTENCINADAMENTE SOBRE A SUA RENUNCIA.
O pasado 29 de maio publicabamos neste blog unha nova que decia “O EX ASESOR XURÍDICO DO CONCELLO DE
CAMBADOS UZAL "LARGA" CONTRA RUEDA”, que podes ler novamente para refrescarvos a memoria premendo  no propio titulo. A consecuencia desa nova o propio Norberto Uzal dirixiseuse por correo o administrador deste blog
para  aclarar unha serie de cuestións entre outras cousas decindo que o propio vicepresidente da Xunta Alfonso rueda (por certo Secretario en excedencia do Concello de Cambados, polo que durante moitos anos Luis Aragunde e compañia poden poñer como Secretario a quen
eles queiran)  deixou ver malintencionadamente que Norberto  estaba afectado por un tema administrativa coa Secretaria do Concello de Paslas. Como se trataba dunha comunicación personal este blog
pediulle permiso a su remitente, ou sexa a Norberto Uzal para publicar o mesmoa, auttorización que foi concedida  e aquí o tedes completo sen cambiar nin unha coma: 
“””Prezado Xaquín:
Só quero precisar unha cousa en relación coa información que publicas. Na miña renuncia
nada tivo que ver ningún asunto relacionado con Palas de Rei ou con ningún concello. As causas da miña renuncia foron a miña animadversión cara os modos de actuar de Rueda no político e no persoal. En relación co
asunto de Palas nin sequera intercambiei ningunha verba co Vicepresidente da Xunta nin tampouco resolvín ningún expediente, sen prexuízo de recoñecer que asinei un informe que resultou non acertado, informe que non ten relación nin coa actuación do Concello
nin coa resolución xudicial recaída no contencioso contra un expediente incoado polo concello. En definitiva, en ningún momento considerei que debía renunciar por ese ni por ningún outro asunto. A confusión ven motivada por
unha "intoxicación" informativa operada desde o Gabinete de Prensa da Vicepresidencia que non aceptou a miña marcha e non quería dar explicacións sobre a mesma. Durante meses aguantei en silencio para non xerar polémicas, pero cono o asunto non paraba farteime e
aproveitei esta ocasión para dar a coñecer a verdade, sobre todo agora que podo confirmar que a "intoxicación" procede dese deplorable suxeito ao que nun tempo considerei equivocadamente amigo.
Sen máis, recibe unha aperta.”””
Temos que destacar dende este blog a valentía de Norberto Uzal, porque como vedes as acusacións son ao noso criterio politicamente moi graves,  o correo non ten desperdicio. 





Ningún comentario: