GRAZAS!!
Grazas a meus pais por meterme o “virus” de practicar este deporte desde neno, grazas por levarme a entrenar, virme buscar… cando eu non tinha en qué facelo, grazas aos dous e a Ramón
por adaptar horarios de comidas, ceas e demáis aos que eu tinha polo fútbol, grazas polos consellos, grazas por
desexarme sorte cada vez que saía da casa para xogar un partido. Grazas!

Grazas Anti, por todo, grazas por aturar os malos días que me producía o fútbol, grazas por estar sempre disposta a escoitar os problemas cos que algumhas veces saía dos
adestramentos ou dalgúns partidos, grazas por celebrar comigo as vitorias e por alegrarte comigo nos momentos de ledicia que me daba esto. Grazas por non facerme nunca un reproche ou ponher umha mala cara cando por “culpa” de adestramentos e partidos tinhamos que rexeitar umha invitación a umha festa, adiar
umha viaxe, fallar a algún evento ou non poder acompanharte a algúns sitios aos que querías que fora contigo. Grazas por animarme sempre. Grazas!

Grazas a todos aqueles companheiros
cos que compartín vestiario nestes anos. Porque seguro que con cada un de vós tenho umha anécdota ou un bo momento que recordar e polo que botar umha risada. Aos outros companheiros, aos que pasáchedes á linha de amigos, a
vós moitas grazas tamén por facer todo máis fácil.

Grazas a todos os adestadradores que tiven nestes anos, de todos aprendín algumha cousa e de todos saco aspectos positivos.
Grazas a todas as persoas que formaron parte das xuntas diretivas dos equipos nos que militei, porque sen vós, que sacrificades o voso tempo de lecer para que nós poidamos xogar ao fútbol dun xeito máis ou menos organizado, tantos anos de disfrute non serían posibles.
Grazas a esa xente que se fai socia de equipos de rexional, que pasa do fútbol negocio televisado
para achegarse aos campos a ver o fútbol de “toda a vida”. E grazas a eses siareiros e siareiras que seguían a actualidade do equipo no que xogaba aínda que foran clubs que nin lle ían nin lle vinhan.

Sen máis,
GRAZAS!
EULOGIO ROMERO NOGUEIRA "BULLOCK".
(Respetamos o texto tal e como está no facebook de Eulo).

Ningún comentario:
Publicar un comentario