2 de xuño de 2014

CARTOS DE TODOS PARA CLUBS PRIVADOS

QUE CASUALIDADE QUE O RIBADUMIA, TERRA CHICA DE LOUZAN ASCENDE A TERCEIRA.
Estes días moito estivose  a falar do ascenso do Ribadumia club contra o cal perosoalmente non temos absolutamente
nada, un pobo de apenas 5.000 habitantes que para ano pode estar a xogar co Pontevdra, se este non ascende, club quen por certo está a pasar por  verdadeiros apuros económicos e cunha poboación de mais  de 82.000 habitantes. 
Moitos dos que estiveron como
directivos en clubs non dan crédito a como nunha poboación de 5.000 habitantes e coa cuarte parte de negocios que en Cambados por exemplo, podese facer un orzamento de mais de 130.000 euros o  cal terá que ser incrementado
 bastante  se queren militar na terceira división, unha de dúas ou os directivos do Ribadumoa son uns linces ou os demais equipos son parbos. Estamos a falar dunha pobación que vai competir
con vilas que polo pouco a triplican en poboación. E moita xente preguntase de onde saca o Ribadumia os cartos, pois o que mais o que menos pensa e desenrrola as súas ideas e sacan conclusións, así  o presidenta da Deputación e un tal Rafael Louzán, Rafael Louzán é de Ribadumia, que casualidade que o Ribadumia non teña problemas
orzamentarios, mentres outros equipo da zona teñen que matarse a traballar como por exemplo o Arousa, o Celtiga e outros que non queremos nin nomear indo pola mar abaixo e a punto de desaparecer. Xa sei que vai salir algún
Louzanista decindo que ten unha subvención que se pode consultar  etc etc., pero os que estiveron en cargos directivos tamén saben como poden chegar cartos ao club ainda que non sexa de xeito oficial. Os cartos públicos debianse empregar en ensino, sanidade, etc, e non en clubs privados, e en caso de empregalos neles que sexa para todos igual coa sola excepción da pequena diferencia da categoria onde militan. De todos xeitos parabéns ao Ribadumia.

Ningún comentario: