O SEMANARIO FRANCÉS 'TOUR HEBDO' VISITARÁ ESTE XOVES A TOXA, CAMBADOS E SANTIAGO
Unha xornalista do semanario francés 'Tour Hebdo', un dos medios de comunicación especializados en turismo máis influintes de Francia, coñecerá este xoves as localidades pontevedresas da Toxa e Cambados, onde visitará unha
bodega de Rías Baixas, e Santiago de Compostela.
bodega de Rías Baixas, e Santiago de Compostela.
Diso informou a Xunta a través dun comunicado, no que indicou que Béatrice D'Erceville chegou o martes a Vigo procedente de Paris e que, tras realizar un 'tour' pola cidade olívica, xa estivo polas Rías Baixas, viu o Castelo de Soutomaior, a cidade de Pontevedra e a súa ría e a praia da Lanzada.
No tempo que dure a súa estancia, ata o próximo 3 de xuño, ten programadas visitas ás catro provincias galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario