3 de xuño de 2014

OPINIÓN: ESTAMOS A MENOS DUN ANO DAS MUNICIPAIS E NINGUEN MOVE FICHA

SÓ UNHA ESPECIE DE “FRONTE POPULAR” PODE SALVARNOS DE ARAGUNDE E O PP.
A finais de 1935 empezou a xestarse unha gran coalición de partidos de esquerdas que se preparaba para as eleccións
de febreiro de 1936 e que pouco máis tarde se coñecería como Fronte Popular. O pacto entre republicanos ,  socialistas e nacionalistas pretendía un programa reformista pero desde a dereita identificouse como un pacto
revolucionario. Esta Fronte estaba constituida por Partido Socialista Obrero Español , Izquierda Republicana,  Unión Republicana , Esquerra Republicana de Catalunya,  Partido Comunista de España,  Acció Catalana,  Unió Socialista de Catalunya,  Partido Galleguista, Partit Nacionalista,  Republicà d'Esquerra,  Unió de Rabassaires,  Partido Republicano Democrático Federal,
 Republicanos independientes de Izquierdas,  Partit Català,  Proletari Esquerra Valenciana,  Partido Obrero de Unificación Marxista,  Partido Sindicalista e Partido Sindicalista Independiente. Conseguiron ganar as eleccións e vencer a dereita.
Salvando a distancias e as circunstancias, eu penso que a única forma de ganar as
eleccións en Cambados ao PP,  seria unha especia de Fronte Popular, o contrario serian catro anos mais de Luis Aragunde, bueno catro anos mais non dous, porque no medio da lexislatura toca deixar o posto o seu sucesor como fixeron ate o de agora os seus antecesores.
Estamos a menos dun ano das vindeiras eleccións municipais e polo de agora non sabemos cales
son os candidatos a presentarse a Alcaldía, ao menos oficialmente, e mais a estas alturas tampouco sabemos cantos partidos se van a presentar. O mapa politico en Cambados a estas alturas, eu polo menos, non o teño nada claro en parte,  e explicome. Sabemos con seguridade de tres forzas que se van a presentar na nosa vila
en principioo Partido Popular  probablmente comandado por Luis Aragunde que será a segunda vez que se presente, está o BNG que tamén case con toda posibilidade estará comandado por Victor Caamaño que seria a terceira vez que se presentara e polo PSOE seguramente presentarase Fatima Abal que seria a primeira vez que se presenta. Logo contariamos
con duas incognitas que son  Anova Cambados, que ultimamente non sabemos nada deles  e ignoramos porque razóns están un tanto parados incluso o seu blog non se move dende o mes de febreiro cando antes practicamente tiña actividade semanal, por certo esta forza xa invitaba a un
xuntanza que tivo lugar en Exposalnés en outubro pasado os asistentes con esta cartel “Pola fronte ampla para a rotura democrática”, tampouco sabemos si vai manter a coalición con IU nas vindeiras municipais. E logo está Podemos Cambados que para min é un incognita total o unico que sei e que recibin un correo deles estes estes dias para que publicara unha nova no blog e así se fixo e logo tamén teñen unha paxina en facebook https://www.facebook.com/cambadospodemos pero ignoramos quen a administra, por certo non usa o idioma galego no seu facebook como medio de expresión. Tiveron unha xunzanta en Vilagarcia o sábado pasado.
Xuntándose todas as opcións de “esquerda”  teriamos
algunha posibilidade, o meu xuizo, doutro xeito dispersando o voto coidamos que Luis Aragunde ten a vitoria asegurada, pero doutro banda  para algúns probablemente estamos perante unha situación utopica, e polo pouco que eu sei,  creo que PSOE e sobre todo o BNG xamais entrarian nesta especia de fronte, ou sexa que xa sabemos o que nos espera aos cambadeses nas vindeiras eleccións muncipais outros catro ano mais do PP, agás milagre, o malo e que eu non creo nas milagres.
XAQUIN CHARLIN “CHON”

Ningún comentario: