3 de xuño de 2014

MENTRES AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS DEFENDEN O REFERENDUM MONARQUÍA OU REPÚBLICA

FELIPE GONZALEZ NA SER DILLE A ESTAS MESMAS XUVENTUDES QUE SEXAN DEMOCRÁTICOS.
O que está a pasar no PSOE enténdeo mais ben pouca xente, porque as contradicións dentro do mesmo partido son manifestas no tema de monarquía ou república e sen ir mais lonxe hoxe  foi a gota que colmou o vaso.  Mentres nun
escrito enviado a esta redacción as Xuventudes Socialistas de Cambados piden a a defensa da República como modelo de estado dicindo que forma parte da nosa identidade política, ademais de lembrarnos que os logros acadados no pasado especialmente durante a II república é algo que nunca esquecen din as Xuventudes, o seu es secretario xeral, Felipe González unha home sobrado economicamente e no Consello de
administración de Gas Natural metíalles unha puñalada trapeira na SER dicindo textualmente “Pido as xuventudes que sexan democráticas porque non é respectable que se queiran saltar as normas”. É mais engade que a xeración do seu fillo (refírese o fillo do rei) ten que guiar o futuro.
Nos estamos completamente da cordo coas xuventudes e en total desacordo obviamente,  con Felipe González, que hoxe por hoxe non é mais que un liberal acomodado e non desentonaria para nada na lamentable 13 tv.

Ningún comentario: