HOXE ESE LUGAR ESTÁ OCUPADO POR ELECTRODOMÉSTICOS MONTBLANC
Era unha marabilla de cine estaba situado onde hoxe está “Montblanc” na Avda de Galicia de Cambados, cantos
recordos, cantas anécdotas, cantas risas pasamos os nenos da época nese cine. Decia Sabela Pillado no seu marabilloso libro “O Cine en Cambados”, do cal aconsellamos encarecidamente a lectura se ainda no o fixerades: “””Con trinta anos de vida, este cine é o segundo mais lonxevo na historia de Cambados. Nestas tres décadas terá tempo a
pasar, como ocorría tamén no Variadades (outro cine desaparecido de Cambados), por toda unha serie de acontecementos históricos, politicos e sociais relacionado co contexto español, pero tamén sufrirá os cambios experimentados polo propio mundo do cine, que non han de ser poucos. Coñecido polo común dos cambadeses como o “cine vello, ou “cine de abaixo”, en oposición ao Cine Avenida (que
estaba onde esta hoxe o Eroski na Rúa Nova) co que compartiu os seus últimos doce anos, o Cervantes abriu nos primeiros anos de posguerra. Nesa época de penurias, onde incluso se prohibiron con frecuencia os bailes, o
cine constituiu o espectáculo e refuxio preferido dos españois. Por iso mesmo en Cambados non tardará en principiar a súa andadura este cine. Propicia o acantecemento o feito de que a Juventud (refirese Sabela o actual auditorio da Xuventude, onde antiguamente tamén habia un cine), polas restriccións autoimpostas ante a selección e exhibición das peliculas, non cubrirá todo o mercado cinemtaográfico quie era reclamado polos cambadeses, e que non podia ser satisfeito tralo peche do Variedades …”
recordos, cantas anécdotas, cantas risas pasamos os nenos da época nese cine. Decia Sabela Pillado no seu marabilloso libro “O Cine en Cambados”, do cal aconsellamos encarecidamente a lectura se ainda no o fixerades: “””Con trinta anos de vida, este cine é o segundo mais lonxevo na historia de Cambados. Nestas tres décadas terá tempo a
pasar, como ocorría tamén no Variadades (outro cine desaparecido de Cambados), por toda unha serie de acontecementos históricos, politicos e sociais relacionado co contexto español, pero tamén sufrirá os cambios experimentados polo propio mundo do cine, que non han de ser poucos. Coñecido polo común dos cambadeses como o “cine vello, ou “cine de abaixo”, en oposición ao Cine Avenida (que
estaba onde esta hoxe o Eroski na Rúa Nova) co que compartiu os seus últimos doce anos, o Cervantes abriu nos primeiros anos de posguerra. Nesa época de penurias, onde incluso se prohibiron con frecuencia os bailes, o
Este era o lugar que ocupaba Cine Cervantes. |
O cine vello tiña un taquillero moi especial, era un home cunha historia digna de contar, todos o coñeciamos era Pintado (era o seu apelido) que era carteiro pero daquela habia que facer pluriempleo para sacar a familia adiante, era un gran home, e unha vez un “chulo” foi sacar unha entrada para unha pelicula e dille “Dame unha entrada para esta casa de putas”, e respondelle con toda a sabiduria Pintado dende dentro ta taquilla, “Toma, toma, que tua nai xa vai dentro”.
FOTOS LUIS GOMEZ CHARLIN ( o seu pai foi nun tempo xerente e traballador deste cine a el queromolle adicar este pequeno artigo, así como a todos os mozos que non chegachedes a coñecer este espectacular cine).
Ningún comentario:
Publicar un comentario