10 de xuño de 2014

CHARLA COLOQUIO DA CNT EN VILAGARCIA

SOBRE OS DIFERENTES EXEMPLOS ACTUAIS DE AUTOXESTIÓN
O sábado 14 de xuño terá lugar ás 18:00 unha charla-coloquio na sede da CNT en Vilagarcía (Alexandre Bóveda
2, 3º) sobre diferentes exemplos actuais de autoxestión que presentarán os asistentes, despois do cal intercambiaranse puntos de vista e opinións sobre a autoxestión e o modelo de organización que ofrece para a creación dunha nova sociedade.
A CNT é un sindicato sen subvencións nin traballadores liberados, tampouco está ligada a ningún partido politico. 

Ningún comentario: