11 de xuño de 2014

CONCERTO DE A “DOCE VITA” NA ESQUINA DA MEIGA.

O VINDEIRO  XOVES 19 DE XUÑO ÁS 22.30 HORAS.
O vindeiro xoves 19 de Xuño as 22.30 h. terá lugar un concerto do trío musical “DOCE VITA” que eles titulan “Sons de Cine”. É Unha
selección das mellores bandas sonoras de tódolos tempos a ritmo de jazz. O seu traballo é unha homenaxe ao cine e a súa música, un tributo a tódolos que compuxeron a gran banda sonoro do século XX. Ilustra esta nova unha colaboración especial de gran caricaturista Gogue. A Esquina da Meiga está situada en Fefiñans na Rúa Real 1.

Ningún comentario: