5 de xuño de 2014

NOVA ASEMBLEA DE PODEMOS AROUSA

O VINDEIRO SÁBADO ÁS 12 HORAS NO AUDITORIO DE VILAGARCIA (SEMINARIO I)
Queda convocada a seguinte asemblea de Podemos Arousa para o Sábado 7 de Xunio ás 12:00 horas no seminario I do
Auditorio de Vilagarcía de Arousa, segundo recollemos do Blog CORES DE CAMBADOS. 
O tema principal do día será debater e votar os estatutos da asociación Podemos Arousa, e a proposta e
votación dos cargos orgánicos. 
Podedes ver aquí a orde do día completo: Orden del día de la XI asamblea de Podemos Arousa del 7 de Xunio de 2014 
Engadido un novo punto na orde do día: 
Encontro de círculos Podemos Estatal do 14 de Xunio.
Tamén se inclúen os Estatutos propuestos para Podemos Arousa
Pode asistir calquer persoa que esté interesada en PODEMOS e coñecer de primeira man cales son as suas propostas.
Asemade no facebook de “Podemos Cambados” https://www.facebook.com/cambadospodemos emite o
seguinte comunicado: “Logo da resposta en Cambados, nas eleccións do 25 de Maio, cos seus votos a PODEMOS abriuse unha canle democrática e participativo para facer política. Nestes momentos a nivel estatal a política fana uns poucos para o seu propio
beneficio sen ter en conta as necesidades básicas das persoas, dos cidadáns. En Cambados sucede máis do mesmo e é necesario romper esa soga que permanentemente sentimos sobre os nosos pescozos. É necesario
romper ese silencio imposto a base de caciquismos. Nós somos o pobo e nós imos decidir as prioridades básicas para o desenvolvemento das nosas vidas, dentro do diálogo continuado, afastado de egos e protagonismos. Imos facer política entre tod@s evitando que catro a fagan
sen contar co pobo. 
Estamos recibindo unha avalancha de mensaxes de persoas que queren unirse ao proxecto. Por favor, deixade vosa dirección de correo para poder contactar con cada un@ de vosotr@s e poder organizar unha asemblea dentro duns quince días, aproximadamente. ¡PODEMOS!”. Por certo de vez en cando tamén podian usar o galego. 

Ningún comentario: