5 de xuño de 2014

MONARQUÍA OU REPÚBLICA E OS SITIOS ONDE RECLAMALA

O DÍA EN QUE O FUTURO REI DE ESPAÑA VISITOU CAMBADOS.
O sábado 19 de setembro de 1998 visitaba Cambados, Felipe de Borbón y Grecia daquela
Principe de Asturias. Un "enfervorizado" Cambados, dicía o Faro de Vigo da época, daba a benvida a súa vila o que, se ninguén o remedia vai ser o futuro Rei de España. Durante un par de horas como podemos ver nas fotos, das cales respectamos o texto
que lles puxo o propio Faro de Vigo, presenciaron a visita que a partir do 18 de xuño xa podemos chamar Real. Ese día Felipe de Borbón  en breve Felipe VI foi nomeado Cabaleiro do Albariño e xurou  defender o príncipe dos viños brancos do estado. Estamos seguros de que moitas das 2000 persoas que ateigaban o paseo da
Calzada  hoxe en día nas redes sociais están facendo "vítores" o proclamas a República. Entre eles estaban os concelleiros do PP monárquicos eles ate a medula e non vacilan en facer unha xenuflexión perante o monarca como a ínclita Rosa Oubiña como
podemos ver na foto (non vos perdades a cara de satisfación de Rosiña). Tamén estaban os edís  do PSOE con Domingo Tabuyo a cabeza e por suposto os edís do BNG Xoán Antonio Pillado, Adela Leiro, Montse Prado e Ricardo López, republicanos eles ate a medula que ese día non sabemos si nun xesto de cortesía, educación ou
protocolo,  ese día por uns intres tamén abrazaron a coroa. Seguramente dias antes en Borrón Nº 1 , sede do BNG,  mais  de un levantou a voz de que non se debería acudir a ese acto, pero o final foise.   O meritorio, se ten algo de meritorio este artigo e que  poidades ver algunhas instantáneas recollidas ben do Faro de Vigo ou de libro de Benito Leiro  do
cincuentenario do Albariño en Cambados, que a partir do 18 de xuño, dia da proclamación de Felipe VI, queiramos os republicanos ou non van a formar parte da historia de Cambados. Ogallá pronto,  tanto o pobo Galego como o Estado Español, poidan reclamar a III República  nun referendum,  e como dicía unha camiseta de Peña Trianera do Albariño xa fai algúns anos “Os borbóns os Leóns e Leti
para la recta”.
O BNG ESTÁ POLA REPUBLICA
Como dicimos 16 anos despois Victor Caamaño portavoz do BNG  presenta unha  “MOCIÓN PARA SUPERAR O MODELO INSTITUCIONAL DO ESTADO ESPAÑOL E RECOÑECER O DEREITO
A DECIDIR”, que  nos pensamos que non se debía de presentar no Concello, porque coidamos que hai que aproveitar as mocións para falar de problemas de Cambados, para estes mesteres xa conta o BNG con representes tanto no Parlamento Español como no
Parlamento de Galicia, para presentar a mesma, ao penos asi o pensamos nos,  de todos os xeitos aquí vola deixamos se a queredes ler:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado 2 de xuño coñecemos a noticia da abdicación do xefe do Estado
español, o rei Juan Carlos I, e a proposta de continuidade do anacrónico réxime monárquico que padecemos. A monarquía é un réxime incompatíbel cun sistema democrático, un réxime "vitalicio" e "hereditario" estabelecido "pola graza de Deus" e que supuxo, no caso
español, a continuidade co franquismo. Por outra parte, existe nestes momentos unha fonda desafección a unha monarquía inmersa en escándalos de corrupción, con prácticas profundamente antidemocráticas e que deixan en
evidencia o seu papel de simples vividores a custa da cidadanía.
Estamos a asistir a unha operación de cosmética para salvar o réxime, sabedor de estar sendo cuestionado pola inmensa maioría
da poboación que non se identifica nin se sente representado pola familia real. Nesta conxuntura, ao BNG non lle vale unha simples mudanza de caras que dean continuidade ao réxime unitario e centralista deseñado na Transición e
perpetúen a monarquía como símbolo e garante desa unidade.  O que a cidadanía galega precisa é  liberdade e capacidade para decidir. E nese espazo verdadeiramente democrático, onde se garanta o dereito de autodeterminación dos pobos, non ten cabida ningún rei.
Por todo isto, xulgamos importante que se inicie un proceso consituínte, baseado na soberanía dos pobos, onde Galiza sexa referente político.
Nos últimos anos asistimos a un proceso de recentralización política
que mingua, aínda máis, a capacidade da Galiza para decidir sobre si mesma, sobre os seus sectores produtivos, sobre o seu futuro. E isto, en medio dunha non menos profunda crise do sistema político español, que atinxe todas as institucións que o conforman, nomeadamente a
monarquía. Foi esta mesma monarquía a que veu funcionando como principal elemento simbólico dun sistema político que nos nega como nación e que impide o noso libre desenvolvemento como pobo.
Por todo isto,  o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado español o inicio dun proceso constituínte onde as nacións sexan o referente político, para garantir o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman o Estado español recoñecendo o noso dereito a decidir.

Ningún comentario: