“MIL FESTAS PARA A LINGUA GALEGA” É O TITULO DO CONCERTO-HOMENAXE
O vindeiro vinte de xuño a partir das 20.30 horas terá lugar no auditorio de Vilagarcia de Arousa, un merecídisimo acto
homenaxe-concerto a grupo de música tradicional por excelencia en Galicia a Treixadura, a entrada é libre ate completar o aforo. O acto está organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística encadadra dentro do colectivo “Galeguizar Galicia”.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ten as súas oríxes dous anos antes,aproximadamente, da súa constitución formal, que foi en 1984. Previamente un grupo de funcionarios e funcionarias de administración local e da Xunta de Galicia, principiaron a traballar na
galeguización dos procedementos administrativos. O Estatuto de Autonomía de Galicia servíalles de cobertura legal para desenvolver unha actividade que topenexaba cun ordenamento xurídico anterior no tempo, esgrimida constantemente polos funcionarios públicos, impedindo que as expectativas galeguizadoras manifestadas nos programas políticos se puidese concretar. As inercias xogaban na nosa contra. Malia estas resistencias as corporacións locais democráticas foron fundamentais para estender a lingua galega nos usos xurídicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario